Notas
-
O Grupo parlamentario de Alternativa Galega d Esquerda (AGE) reclama que o Consello de Contas fiscalice os efectos que ten a crise nas políticas públicas, e esixe que este organismo teña capacidade sancionadora propia e que ésta non dependa do Tribunal de Contas de Madrid.
-
A pesar da redución do orzamento nun 30%, a optimización de recursos permitiu que a actividade cultural do Gaiás medrase o ano pasado un 14%. O programa cultural favoreceu a contratación de 317 empresas e 620 artistas.
-
O Executivo galego pretende coordinar as políticas e dar un novo impulso á industria galega fomentando a innovación, a internacionalización e a competitividade en sectores productivos galegos como a automoción, o naval ou o eólico, co fin de xerar emprego.
-
A Real Academia Galega (RAG) segue contando coa colaboración do Goberno galego no desenvolvemento das diferentes actividades e celebracións que organicen, como a do Día 17 de Maio, e tamén na súa financiación con case 900.000 euros, o que implica un aumento das prestacións frente á crise.
-
A través dos traballos presentados nas distintas modalidades de literatura, fotografía e curtametraxes, esta asociación ecoloxista (Adega), en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, pretende promover a defensa do territorio.
-
A obra de teatro ‘Avós... nunca é tarde’, para sensibilizar ás persoas maiores sobre a corresponsabilidade, forma parte dun programa da Secretaría Xeral da Igualdade para que as persoas maiores sexan transmisoras dos valores da educación libre de estereotipos, a través do seu labor de coidado dos seus netos e netas.
-
A delegada territorial do Goberno galego, Raquel Arias, inaugurou a exposición, da que destacou que “representa a capacidade de perpetuarse e estimular a creatividade cultural” nun momento como o actual. Está integrada por 21 cadros orixinais.
-
Cunha dobre función por parte da compañía Tanxariña, o espectáculo Trogloditas pon o punto e final ao programa de actividades de Nadal da Xunta de Galicia no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Actores e monicreques recrean a vida nas cavernas.
-
No Centro Sociocultural de Paradela (Lugo) tivo lugar o acto de entrega de premios da XVII Edición do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López coa participación da familia, dos membros do xurado e dos premiados.
-
El proyecto Monte Vivo, presentado en la Casa de Galicia en Madrid, ha permitido formar a más de 6.000 propietarios y 1.700 escolares en prevención de incendios forestales. La Asociación Forestal Galega convoca un nuevo proyecto: Live+Monte Vivo.