Notas
-
A Xunta valora o paso adiante da UE para que Galicia siga recibindo axudas comunitarias máis alá de 2014. A Presidencia chipriota refrendou a demanda galega de manter unha axuda transitoria para as rexións que abandonan o Obxectivo Converxencia.
-
Unha ducia de actividades gratuítas celébranse o mércores 31 de outubro e o sábado 3 de novembro nas prazas da Soidade e Campo Castelo. Obradoiros de cabazas, contos de medo e unha procesión de ánimas pola Muralla para recuperar a tradición celta do Samaín na cidade de Lugo.
-
Esta iniciativa, que se celebra os días 6, 13, 20 e 27 de novembro na Facultade de Xeografía e Historia da USC, pretende achegarlle á cidadanía o mundo artístico dos Renovadores que favoreceron a entrada da arte galega na contemporaneidade.
-
En función da patoloxía e da gravidade do paciente terá dereito a unha demora máxima para unha intervención cirúrxica de 60 días e unha demora máxima para unha consulta externa de 45 días.
-
A Xunta di que Galicia continuará coas políticas de racionalización no gasto porque garanten “ter capacidade e ter recursos para diminuír as listas de espera e para cumprir os compromisos de infraestruturas hospitalarias e infraestruturas de centros de saúde”.
-
Galicia defende a importancia da dimensión rexional no deseño das futuras redes transeuropeas do transporte nunha reunión en Valencia da Comisión COTER do Comité das Rexións Europeo (CdR) xunto con representantes da Comisión Europea e da Presidencia Chipriota do Consello.
-
O Teatro Municipal Área Panorámica de Tui acolle os días 26 e 27 de outubro a representación da versión galega do drama O profesional, protagonizado por Ernesto Chao, Miguel Pernas, Rebeca Montero e Rodrigo Roel. Inicia, así, a xira desta obra por Galicia.
-
Esta Iniciativa reúne a máis de vinte países co obxectivo de sacar o maior partido posible dos bens turísticos que comparten e impulsan o posicionamento estratéxico da rexión. O encontro forma parte da estratexia da OMT de reforzar a cooperación en Europa con miras a incrementar a competitividade turística.
-
O presidente da Xunta asegura que Galicia “atende as súas facturas no entorno dos 45 días” e que o pagamento a provedores foi “un constante obxectivo” durante toda a lexislatura, e que priorizou aos autónomos, PEMES e entidades sociais.
-
Sostén que coa creación da Axencia hai un triplo exercicio por parte da administración pública: un exercicio de austeridade e de simplificación administrativa; un exercicio de especialización; e un exercicio de coordinación.