Notas
-
As compañías galegas Voadora, Il Maquinario, Demolicións Ferreira, Ibuprofeno Teatro e Inversa Teatro comparten carteleira con outras 9 formacións doutros puntos de España, Francia, Dinamarca, Ecuador e Brasil; en total, 14 compañías de rúa, danza, contemporáneo e clown.
-
Arrincan as actuacións das compañías máis punteiras do mundo do circo e dos malabares de Galiza, Brasil como paso previo á chegada das festas de San Froilán 2012 que terá, tamén, como prato forte aos grupos lucenses.
-
A ferramenta facilita o cálculo das tarifas eléctricas, comproba que os consumos de enerxía sexan coherentes, ou avisa aos concellos se pagan un recargo do 20% no prezo da factura por non estar no mercado libre.
-
Neste marco constituirase a Asociación Ibérica das Casas Museo de Escritores, unha experiencia pioneira na que se integrarán entidades de Portugal e do conxunto do Estado español. Esta iniciativa conta cun interese estratéxico para Galicia pola proximidade xeográfica e cultural co país veciño.
-
Carlos Sedes, responsable de macroproducións coma Hispania (Antena 3), Gran Reserva (TVE) ou Padre Casares (TVG), e gañador de premios internacionais, trasladará este mércores ós alumnos da Escola de Imaxe e Son (EIS) as súas experiencias profesionais.
-
O Etnolóxico de Ribadavia é o primeiro museo de Europa que participa na iniciativa hispanoamericana Primavera dos museos, un evento cultural que organiza este ano en Brasil o Instituto Brasileiro de Museus, con 2.400 actividades.
-
Cultura e Educación, Obra Social “La Caixa” e Fundación Santa María La Real colabora para impulsar a formación e o emprego de mozos investigadores en materia de patrimonio cultural. Trátase dunha aposta por facilitar o acceso aos máis novos ao mercado laboral, ao tempo que se favorece a difusión do patrimonio cultural galego.
-
O CGAC pospón a clausura da exposición de Esther Ferrer ata o 7 de outubro e programa o ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras xunto cun taller de performance baixo o título O corpo transparente, con punto de partida na obra da artista donostiarra.
-
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá pecha a 34ª Semana Internacional de Cine de Autor facendo balance: máis de 1.000 persoas diarias no Auditorio Gustavo Freire avalaron as proxeccións dos ciclos centrais como a Sección Oficial na que este ano se impuxo o filme El Cairo 678, de Mohamed Diab.
-
Núñez Feijóo destaca que a entrada en funcionamento do Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta, ubicado na Cidade da Cultura, suporá un aforro de tres millóns de euros anuais e garante o cumprimento da Axenda Dixital de Galicia.