Notas
-
O Grupo de música antiga 1500 e mais o artista pechan este ciclo de música e patrimonio cun concerto na igrexa de Santa María a Nova de Noia. “Espazos Sonoros” percorreu durante un mes e medio as catro provincias galegas con actividades musicais e concertos en espazos de especial interese cultural.
-
A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés acolle unha mostra multimedia para achegarlle á cidadanía a figura do escritor e empresario Valentín Paz-Andrade, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.
-
Preséntase a “Guía práctica para a implantación do Fogar e o Edificio Dixital” como documento-marco de referencia para os sectores implicados no seu desenvolvemento. Galicia é a primeira Comunidade que tramitarunha Lei de Telecomunicacións que obrigará ao desenvolvemento do Fogar Dixital en vivendas de nova construción.
-
O consello da Xunta autorizou un acordo mediante o cal, a Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación, e o Ministerio de Economía e Competitividade colaborarán na posta en marcha de actuacións estratéxicas no eido da I+D+i.
-
O titular da Xunta resalta que Galicia leva executado, xa, o 72% do total do seu Programa de endebedamento autorizado polo Ministerio de Facenda do Goberno central; “30 puntos máis que a media das comunidades”.
-
A mostra confórmana 64 instantáneas de finais do século XIX e mediados do XX, algunhas delas inéditas, pertencentes ao arquivo gráfico do Museo de Pontevedra. Arredor do mar pódese visitar no Museo do Mar de Galicia. 64 fotografías, a maioría inéditas, actúan de testemuños históricos, antropolóxicos e sociais.
-
A Xunta valora o labor que o centro de educación especial Menela realiza día a día para educar ás persoas con autismo. Está dirixido a alumnos con trastornos xeneralizados do desenvolvemento (trastorno autista), de 3 a 21 anos.
-
O concello de Outes, ao que se sumou a Xunta de Galicia, homenaxea ao poeta Francisco Añón no bicentenario do seu nacemento. Péchanse unha serie de actos que incluíron a inauguración dunha praca conmemorativa e un congreso na Cidade da Cultura.
-
O 4 de outubro arrincou en Lugo o San Froilán 2012. Máis de 150 actividades, entre elas 120 actuacións musicais distintas, enchen de festa as rúas da capital lucense do 4 ao 12 de outubro. Pese á crise, que fixo que o orzamento se reducise en 200.000 euros, o San Froilán volve a ser este ano “a mellor festa de Galiza”.
-
O centro bibliotecario acolle desde hoxe ata o 13 de outubro esta mostra, para difundir entre a cidadanía a figura do escritor e empresario. Nos próximos meses, a Consellería de Xesús Vázquez proseguirá o percorrido da exposición polas cidades da Coruña, de Ourense e de Vigo.