Notas
-
A mostra, que reúne obxectos, instalacións e documentación de performances, estrutúrase en catro bloques nos que o tempo, o infinito, a repetición e a presenza, son conceptos esenciais para entender a obra da artista Esther Ferrer.
-
O encontro de artesanía que organiza Economía e Industria en Agolada aposta pola innovación coa participación do prestixioso deseñador Martín Azúa. A iniciativa enmárcase no apoio da Xunta ao sector artesán, centrado na modernización, a mellora da comercialización e a formación dos profesionais.
-
O Goberno galego colabora na efeméride de Eugenio Granell con dúas exposicións na Cidade da Cultura e no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Continúa vixente o convenio asinado entre Cidade da Cultura e a Fundación para a dixitalización de fondos da Fundación, co fin de que se difunda e se recoñeza a valiosa obra do artista.
-
Atardecer no Gaiás é unha aposta pola fusión de diversos estilos musicais coa poesía e as propostas máis vangardistas no eido da videocreación. O divertido directo das arxentinas Las Kellies, o venres 6, e o rock descarado das catalanas Santa Rita, o sábado 7, completan esta primeira semana de actuacións.
-
Núñez Feijóo asegura que a Xunta ten actuado en todas as frontes nos últimos anos para mellorar o atractivo turístico de Galicia, coa ordenación do territorio, na promoción e comercialización, na mellora na xestión e na lexislación e destaca que Galicia é foi a primeira "que puxo en marcha o Plan de Formación para a Excelencia Turística”.
-
Este organismo garante que as intervencións dos fondos sexan coherentes coas prioridades da Xunta e da UE e complementen as políticas de desenvolvemento económico e social de Galicia. Tamén coordinará e velará polo cumprimento das obrigas en información e publicidade dos plans de Comunicación do FEDER e do FSE.
-
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, considerou “tremendamente atractivas” as obras recoñecidas, escollidas de entre os traballos procedentes de 21 bibliotecas municipais da provincia.
-
Galicia conta ca metade das explotacións gandeiras de leite ecolóxica de España e é tamén a comunidade lider na producción de avicultura ecolóxica. No ano 2011, o valor de mercado dos produtos certificados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) incrementouse nun 28%.
-
Os galardóns institucionais que cada 28 de xuño outorga a Xunta de Galicia, lembrando o regreso dos restos de Castelao a Galicia, tamén lle foron entregados a Ramón García Varela e Federico Martinón Sánchez, nun acto que se celebrou no Panteón dos Galegos Ilustres de Santaigo de Compostela.
-
O Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia para a campaña 2012, que quedou formalmente constituído en Santiago de Compostela, ten coma finalidade coordinar as actuacións da Xunta e do Goberno Central en materia de prevención e loita contra os lumes.