Notas
-
Publícanse no DOG as ordes reguladores das axudas da Xunta ás axencias de viaxes para comercializar e promocionar o destino Galicia e mais para acometer obras de mellora nos acampamentos turísticos.
-
O autobús itinerante mostra de forma práctica e gratuíta as utilidades de Internet para as xestións da vida cotiá. A iniciativa forma parte das accións complementarias do Plan de Banda Longa da Xunta de Galicia.
-
“Galicia é a comunidade con menor déficit público das 17 comunidades, no ano 2011, e é a única de réxime xeral de financiamento que non acudiu ao rescate do Goberno de España para pagar aos provedores”, asegura o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
-
Actuará como nodo de interoperabilidade, que permitirá ao cidadán non ter que presentar documentos ca mesma información en distintas Administracións. Con esta medida redúcense tempos, custos e axilízase a xestión dos procedementos.
-
A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inauguraron no Centro Cultural a mostra “Parlamento de Galicia. Aqueles Primeiros Anos (1981-1989)”, que inicia en Ourense un percorrido que, de aquí a finais de ano, levará a mostra á sede das catro deputacións galegas.
-
O presidente da Xunta lembra que un dos principais éxitos turísticos de Galicia, o Xacobeo, xurdiu en plena deflación económica e en medio dunha gran incerteza e avoga por non interromper ese gran exemplo pese aos pésimos tempos.
-
Gallaecia Petrea será a primeira exposición do Museo de Galicia da Cidade da Cultura, unha das mostras máis ambiciosas organizada na nosa Comunidade. A través dela, o visitante recorrerá a historia da construción da cultura galega a partir dun elemento tan emblemático como é a pedra.
-
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria destas subvencións para fomentar a realización de accións voluntarias. A iniciativa conta cun orzamento de 200.000 euros. As axudas non poderán superar os 6.000 euros nin o 75 por cento do orzamento total do proxecto presentado.
-
Os directivos da multinacional china confirmaron o importante investimento durante a visita do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, ás instalacións de Citic Group en Luoyang. Os investimentos a realizar en Porriño mellorarán a competitividade da planta de Citic Censa, que poderá fabricar pezas de caldeirería de ata 15 metros de diámetro, fronte ao máximo actual de 12 metros.
-
A Fundación Mondariz Balneario arranca o proxecto Aquaturnat coa constitución dun comité de expertos integrado no proxecto POCTEP da Unión Europea. A difusión internacional do termalismo galego e a creación do Museo Virtual da Auga, entre os obxectivos desta iniciativa.