Notas
-
O Executivo autonómico difunde un vídeo con exemplos da boa xestión e investimento dos fondos comunitarios. Poderá ser visitado na web do Goberno galego e da Consellería de Facenda, nas principais edicións dixitais dos xornais, así como nas redes sociais.
-
As reservas nos encoros de abastecemento encóntranse ao 98,39%, o que supón máis de 10 puntos por encima do nivel no que se atopaban nas mesmas datas do ano pasado. Tan só os encoros de Caldas de Reis e de Vilagarcía se atopan por debaixo do 90% da súa capacidade.
-
O titular da Xunta asinou co ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente o convenio para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos Plans de Zona das zonas rurais.
-
A Deputación de Lugo pregúntalle á Xunta onde están os cartos para as Axudas no Fogar que por Lei está obrigada a presupostar todos os anos nas Contas Autonómicas. Logo de Preescolar na Casa, o Centro de Recría, os Hospitais e agora os Servizos Sociais, Valiño remarca que “a Xunta pretende que enmendemos os seus desaguisados na provincia”.
-
Feijóo destaca a necesidade de fomentar estímulos que apoien a decisión dos galegos de converterse en pais ou nais; desde apoios económicos progresivos, vinculados á riqueza dos pais, ata a axilización dos trámites de adopción ou sensibilización do sector empresarial para aplicar tarifas de tipo social.
-
A Xunta dá o visto e prace ás liñas mestras do Plan para a dinamización demográfica, con catro eixos prioritarios: sensibilizar á cidadanía, impulsos socioeconómicos á maternidade-parternidade; apoio ás familias e mellorar a coordinación das administracións. Preténdese apoiar a decisión dos galegos de converterse en pais ou nais.
-
A edición de 2012, a décimo terceira, conta con persoas con grande experiencia no mundo empresarial como o profesor da IE Business School, Enrique Dans; o profesor Leopoldo Abadía; ou o social media Rubén Bastón. Os exteriores e oa entrada do Pazo de Congresos e Exposicións acolle as actividades da extranet, abertas a todos os públicos.
-
O Goberno galego mobilizou no período 2009-2011 un total de 660 millóns euros, entre capital público e privado, nas liñas de actuación estratéxicas da Axenda 2014.gal.En dous anos a poboación con cobertura de Internet en Galicia pasou do 70% a preto do 90%.
-
Máis de 900 persoas encheron o Palexco da Coruña e desfrutaron da man da presentadora María Castro e o guión e dirección de Ángel de la Cruz. Todos os discursos pediron que non se deixe de lado o sector do audiovisual e que se faga unha política pública consensuada co sector.
-
Este profesional de los medios lucense será el encargado de presentar el evento que se celebra el 8 de mayo en el Círculo de las Artes y contará con la presencia de un diseñador de prestigio internacional.