Notas
-
Antón Bao destacou a importancia do consenso acadado entre todas as forzas políticas para levar adiante esta proposta da equipa de goberno. A aprobación desta ordenanza suporá un avance importante á hora de normalizar o uso da lingua na administración local.
-
Os establecementos hoteleiros rexistraron unha suba do 0,4% respecto ao ano pasado e os extrahoteleiros (apartamentos turísticos, campamentos e turismo rural) do 15,8%. Todas as modalidades da oferta extrahoteleira rexistraron variacións interanuais positivas.
-
A Deputación de Ourense colabora un ano máis coa organización do “Rallye de Clásicos” e do “Rallye de Coches Antigos”, dous eventos que terán lugar entre os días 8 ao 10 de xuño e que reunirán en ourense a pilotos e automóbiles doutras épocas, para ledicia dos amantes do mundo do motor.
-
A biblioteca nodal da cidade acolle ata o 11 de maio unha instalación multimedia con audiovisuais, poemas musicados e obxectos persoais do poeta. A Xunta tamén promove unha mostra sobre Valentín Paz-Andrade para a animar os estudantes a ampliar o coñecemento do autor.
-
Esta ruta, que rexurde tras 12 anos para potenciar o turismo medioambiental, está promovida polo Club Rutas de Galicia e unhas 160 persoas gozarán do itinerario, que discorrerá ó longo de 190 quilómetros por Baleira, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, A Pontenova, Trabada, Ribadeo e Riotorto .
-
Así o asegurou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que dixo que tamén daquela estará avaliada o 80% desta estrutura e con medidas de eficacia no 50% que non desapareza, o que suporá unha reducción de 100 millóns de euros de custe.
-
Esta cita anual cos libros, promovida pola Federación de Libreiros de Galicia, ten lugar do 28 de abril ao 6 de maio no Paseo Central da Alameda santiaguesa. Lugo, Ourense, Vigo e A Coruña serán as seguintes cidades en promover este encontro popular cos libros.
-
O emblemático Hotel Ritz de Madrid, que pertence á cadea Orient Express, escolle ao Centro Superior de Hostelería de Galicia para formar ao seu persoal responsable de servizos de restauración, co fin de manter os seus estándares de calidade entre a súa clientela.
-
O presidente da Xunta, que mantivo unha xuntanza co presidente da Comisión de Coordinación da Rexión Norte de Portugal, preparan a presentación dun documento único para o cumio ibérico, entendendo que en momentos de crise é importante impulsar a Eurorrexión (2014-2020).
-
Galicia rexistrou no primeiro trimestre do ano un total de 474.487 viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros, un 0,4% máis respecto do mesmo período do ano pasado. Destaca o comportamento positivo dos hoteis, cun incremento da demanda do 3,8% e do 2,5% nas pernoitas.