Notas
-
O presidente da Xunta pon de exemplos a Pemex e Nestlé que "volve a apostar por Galicia, converténdoa no centro mundial de produción de leite condensada da compañía”. Os investimentos de empresas mundiais en Galicia xeran confianza porque a competitividade e produtividade están garantidas.
-
A instalación pon en valor o legado do escritor a través dun formato interactivo e novidoso, que inclúe audiovisuais, fotografías, poemas musicados, obxectos persoais de Celso Emilio Ferreiro e gravacións sonoras co seu propio recitado.
-
A Consellería de Cultura e Educación da Xunta programa un curso na Cidade da Cultura para dar a coñecer os novos soportes, recursos e experiencias prácticas de dinamización da lectura dixital, dentro do Plan de Formación 2012 destinado a persoal da Rede de Bibliotecas.
-
Así o aseguraba o presidente da Xunta ao referirse ao novo texto normativo remitido ao Parlamento según o que implica "blindar" as telecomunicacións en Galicia como "un servizo básico, igual que a luz ou a auga" debido ao peso que ten "na vida e no traballo dos cidadáns" galegos de hoxe.
-
Presentouse a mostra Laxeiro, Cosmoloxías, que exhibe por vez primeira no país 24 obras do pintor procedentes de coleccións particulares de España e Portugal.
-
O titular da Xunta lembra que Galicia é a comunidade máis solvente, a que mellor paga e a única que non tivo que acudir ao rescate do Goberno central para pagar as súas facturas.
-
Besteiro anuncia que concurre á Secretaría como “un militante máis” e porque “os socialistas da provincia podemos facer posible o que a dereita cre que non se pode facer”, avogando por un “liderado compartido, de abaixo arriba”.
-
O fogar dixital é aquel dotado de servizos avanzados tanto do ámbito asistencial como da seguridade ou a eficiencia enerxética e que son posibles grazas á utilización das novas tecnoloxías. Constitúe unha panca importante para o aumento da calidade de vida da cidadanía e o achegamento dos servizos públicos ao fogar.
-
O presidente da Xunta di que a partir deste ano as familias poderán elixir “sen restricións” a escola infantil na que matricular aos seus fillos e fillas mediante este cheque cuxa contía percibirán directamente, e non a través dos propios centros adscritos ao programa.
-
As asociacións inglesa e irlandesa de Amigos do Camiño abren na Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela un "welcome service" para os peregrinos de fala inglesa. No que vai do mes de maio máis de 9.000 peregrinos recolleron a "Compostela’" e, no que vai de ano entregáronse case 30.000.