Notas
-
A Deputación colabora con esta iniciativa dentro da súa aposta pola promoción dos produtos autóctonos de calidade para xerar riqueza nos Concellos da provincia. 2 toneladas de cereixas e 250 litros de aceite, entre outros produtos gastronómicos e artesanais, poñeranse á venda nunha cita que vai camiño da declaración de Interese Turístico galego.
-
Os balnearios e os talasos serán o único subsector turístico cunha orde específica de subvencións por valor de 1,75 millóns de euros para a creación de establecementos. Púxose enriba da mesa esta información durante as Xornadas Profesionais de Termalismo.
-
Entra en funcionamiento en Galicia o Teléfono de Axuda á Infancia único para toda Europa. O número telefónico 116111 substituirá ao actual 900 333 666. O seu obxectivo é que a liña de axuda á infancia teña acceso a través do mesmo número en toda Europa.
-
‘Gallaecia Petrea’, unha das exposicións máis ambiciosas postas en marcha en Galicia, ofrece un percorrido pola historia da arte e da cultura galegas a través dun elemento tan importante e simbólico para Galicia como é a pedra. Pódese ver ata o 15 de decembro.
-
O espectáculo de inauguración será “A puerta cerrada”, posta en escena do texto de Jean Paul Sartre nunha coprodución das compañías Timbre 4 (Arxentina) e Théâtre du Soleil (Francia). Será unha estrea absoluta en España.
-
Enmarcado no ciclo ST Música Presente, Ugia Pedreira e Fred Martins presentan en directo no Salón Teatro de Santiago de Compostela os temas de "Acrobata" antes de viaxar a São Paulo dentro da xira que están a levar a cabo co seu primeiro disco conxunto editado pola Central Folque nun encontro da música galego-brasileira.
-
A exposición multimedia itinerante sobre o autor homenaxeado en 2012 no Día das Letras Galegas pode visitarse ata o venres 8 de xuño no IES Xermán Ancochea Quevedo de A Pobra de Trives.
-
A estas habería que engadir a dotación de composteiros en sete centros escolares que contan con servizo de comedor, pertencendo catro deles á experiencia piloto "illas de reciclaxe", impulsada tamén por esta entidade pública. O proxecto de autocompostaxe pilotado por Sogama arrancaba a principios do 2010 en cinco municipios da Mariña lucense.
-
“Nin as fai nin as deixa facer”, asegurou o presidente da Deputación de Lugo, que considera a negativa do Goberno galego ós xeriátricos e centros de día proxectados pola institución provincial “unha desculpa burocrática, que responde a razóns ideolóxicas e electorais”.
-
O presidente da Xunta cualifica o proxecto de Fogar Dixital Asistencial como un proxecto tecnolóxico “de extraordinaria importancia social”, que supón dar máis sanidade a un custe menor; “un proxecto co que Galicia se adianta ao resto das comunidades”.