Notas
-
Los Enemigos, Fangoria, Love of Lesbian, Lori Meyers, La Casa Azul e El Columpio Asesino son cabezas dun cartel no que figuran un total de 18 grupos e dj’s que se concentran no recinto feiral de Fexdega, en Vilagarcía de Arousa, o 27 e 28 de abril. O Festival do Norte celébrase en torno a tres escenarios: o Estrella Galicia, o Jack Daniel e a carpa FDN Dance Club.
-
Asínanse acordos coas asociacións de aloxamento de turismo rural, axencias de viaxes, hoteis e apartamentos turísticos, servizos de restauración, instalacións náutico deportivas e campos de golf para incentivar a implantación, renovación ou certificación da Marca Q de Calidade Turística.
-
O Concello de Tui amosa o seu pesar polo falecemento de Monseñor José Cerviño e Cerviño, bispo emérito da diocese de Tui Vigo.
-
É a única Deputación galega seleccionada para o grupo de traballo da Federación Española de Municipios e Provincias.
-
O xoves 19 de abril representantes da empresa española Google entregan o premio “Google Cidade Dixital” a Ourense. A rede “Ourense WIFI” conta xa con 42 accesos a internet na cidade.
-
Esta terceira edición celébrase do 22 ao 28 de abril na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, polas mañás con actividades para alumnos de centros concertados e polas tardes aberto para o público infantil e xuvenil en xeral.
-
A contratación da electricidade no mercado libre, os prezos da enerxía, a modernización do mantemento ou as empresas de servizos enerxéticos son algunhas das cuestións sobre as que se informa. Tamén se facilita información sobre as distintas liñas de axudas ofrecidas polo Inega.
-
O sábado 21 de abril, a compañía de Teatro Chévere escenifica de novo o seu espectáculo "Ultranoite" no Auditorio da Ramallosa, en Teo, logo do éxito de público das anteriores sesións. O teatro regresa o 28 e 29 de abril a este esceario coa obra "Citizen".
-
Gharbo!, única coprodución de 2012 da unidade de danza da Agadic, preséntase como un espectáculo “multidisciplinar e anovador”. Gharbo! significa para eles esa capacidade compartida de saír adiante, ese trasno, maxia, elegancia e desenvoltura no movemento corporal.
-
Antonio Veiga asinou o convenio coa Escudería Miño. por unha cantidade de 40.000 euros, de cara a sufragar os gastos deportivos nesta anualidade, mantendo o compromiso desta institución para potenciar o mundo do motor lucense.