Notas
-
A Xunta de Galicia estivo presente, a través do conselleiro de Educación e Cultura, no acto de homenaxe e lembranza ao escritor Carlos Casares polo 10º aniversario do seu pasamento no que quedou patente a súa contribución a Galicia.
-
Esta nova edición está orientada ao alumnado de secundaria baixo o lema: Aínda non coñeces Sogama? Recíclate e colabora, e visitará case 600 centros para informar da actividade industrial poñendo en valor o residuo.
-
O operador británico especializado en turismo de xardíns Kirker Holidays e nove xornalistas franceses coñecen a Ruta da camelia de Galicia da man de Turgalicia que os introduce na Mostra da Camelia de Vilagarcía de Arousa.
-
O Xacobeo colabora coas asociacións de amigos do Camiño de Santiago en Madrid e Huesca na promoción e difusión da Ruta Xacobea. O Xacobeo inscribe este encontro na súa labor de asesoramento e colaboración coas asociacións xacobeas, verdadeiras embaixadas do Camiño de Santiago no territorio español e no estranxeiro.
-
Caracterízase polo criterio de por en valor a contribución das mulleres ao desenvolvemento e ao progreso, considerándoas como piar da economía de Galicia. Está presente en redes sociais, onde as internautas están a construir un piar virtual cos seus rostros e fotografías.
-
Máis de 15.000 visitantes aproveitaron a maior liquidación de stocks de Galicia que se concentrou na 19ª edición da Mostra da Oportunidade, o certame decano da oferta de Expourense, que se consolida como gran escaparate.
-
Sogama lanza desde o colexio Cervantes de Lugo unha aplicación informática multimedia coa que pretende ensinar aos escolares galegos de primaria os pormenores dos 3R, baixo o título xenérico “Aprende con Eco os tres R”.
-
O conselleiro de Cultura e Educación visitou as obras de rehabilitación da Muralla de Lugo para comunicar a aparición dunha inscrición que pode datar da mesma época de construción deste ben Patrimonio da Humanidade.
-
O uso das novas tecnoloxías evitou en 2011 a realización de máis de 126.000 desprazamentos ás oficinas de emprego, según os datos presentados na "Xornada sobre portais de emprego e redes sociais" de Ferrol.
-
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) animou á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro recollido oficialmente no Calendario do Libro e da Lectura.