Notas
-
O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, presentou os resultados do Barómetro da Inmigración 2011 que, en comparación cos resultados do Observatorio español amosa unha visión máis integradora dos galegos sobre esta situación social.
-
Galicia é a quinta comunidade con mellor grao de execución ao peche do terceiro trimestre do ano 2011, cun 70,1%, e a segunda cunha maior execución de gastos de capital, moi por riba da media. En canto ao nivel de pagos, Galicia logra o 93,6%, mentres que a media situouse no 91,2%, según datos do Ministerio de Economía e Facenda.
-
As últimas montaxes de Galileo Teatro, Talía Teatro, Licenciada Sotelo e Compañía e Inversa Teatro son algunhas das propostas que ocuparán o escenario. Abre a programación o espectáculo Tokio3 e proxéctase a versión en galego da película gañadora dos Goya 2011, a catalana Pa Negre.
-
Menhai, La Familia, Jane Joyd, Alondra Benthley e Abraham Boba participan nun concerto solidario no Gaiás onde para poder asistir abondará con levar un regalo para un neno. A ONG Iniciativa Social Berce encargarase de repartilos entre os que máis o necesiten.
-
Máis de 7.200 persoas puideron disfrutar dos 4.170 menús, paquetes ou fins de semana que comercializaron as 125 casas de Turismo Rural participantes no V Outono Gastronómico. O 90,08% dos participantes nesta promoción cualifican de boa a relación calidade/prezo desta oferta.
-
A Mostra de Teatro Infantil de Nadal 2011 pecha as representacións coa posta en escea da obra "Piratas" por Teatro do Noroeste. Cóntanse as aventuras dun barco pirata moi particular e dos membros da perigosa tripulación.
-
A Xunta de Galicia destina 100.000 euros ao acondicionamento do auditorio da Fundación Manuel María para converter o centro nun referente cultural para os veciños de Outeiro de Rei e nun atractivo turístico para a comarca.
-
A Xunta transmite directamente á administración concursal de Clesa o seu firme apoio á oferta de Feiraco. Os administradores comprométense ante o Goberno galego a tomar unha decisión na primeira quincena de xaneiro.
-
A obra mestra de Henry Purcell será o colofón ao ciclo de música clásica que ofrecerá a coral xuvenil Cantabile nunha produción integramente galega. Esta actuación súmase á de figuras internacionais que, como Daniel Barenboim, participaron neste evento.
-
Feijóo di que “este Goberno é o Goberno que máis adicou en termos porcentuais de presuposto corrente aos servizos públicos” nos 30 anos de autonomía e asegura que ao final da lexislatura, “haberá máis hospitais; máis garderías; máis centros de día; máis residencias da terceira idade...".