Notas
-
A representante da Xunta en Lugo presentou o XL Nadal de Begonte, que ten como manifestación máis destacada o belén electrónico e cuxo pregón de apertura correrá a cargo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
-
A Xunta avanza que a nova Lei de bibliotecas de Galicia permitirá un novo modelo de biblioteca “para que poida traballarse en rede e para que poida avanzarse na idea dunha verdadeira biblioteca pública de Galicia dixital”. A nova norma permitirá que os galegos accedan ás 456 bibliotecas públicas da comunidade.
-
Abre en Expourense o alón do Moble, Fogar, Decoración e Antigüidades: Mi Casa 2011. Achegar ás empresas aos seus clientes en momentos de crise é a principal aposta deste evento do sector do moble, considerado sector estratéxico na provincia de Ourense.
-
Creada, dirixida e interpretada por Cristina Balboa e Paulina Funes, a montaxe xunta diferentes liñas de traballo para dialogar sobre o imaxinario amoroso e des-amoroso. As dúas performers íspense emocionalmente para crear unha peza que nace da confluencia de cadansúa forma de expresión escénica.
-
A Secretaría Xeral da Igualdade e o CGAI da Coruña promoven un ciclo de cine conmemorativo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A campaña inclúe un spot que se emite na TVG, nas salas de cine e nos autobuses urbáns das principais cidades galegas.
-
Agadic patrocina o V Certame Galego de Bandas de Música, con tres concertos nos que participan 14 formacións de toda Galicia. No marco da celebración do Ano da Música, este encontro de bandas celébrase no Auditorio de Galicia, de Compostela, do 25 ao 27 de novembro.
-
Australia ocupa o posto número 16 na clasificación de nacións que máis peregrinos aportan a Santiago, xusto detrás de Corea. Por iso a Xunta, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo intensifica as accións de promoción do Camiño de Santiago no continente.
-
A banda norueguesa de metal experimental, Ulver, ofrece un repaso polas case dúas décadas de historia, nas que evolucionaron do black metal ata a experimentación con música sinfónica, rock progresivo e os ritmos do novo soul electrónico.
-
Unhas xornadas en Bioloxía organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega (CCG) analizan diversos resultados da investigación dedicada ao estudo dos efectos da vertedura do Prestige entre os anos 2003 e 2008.
-
O panel de Cata está composto por expertos de acordo coas propostas dos Consellos Reguladores e do sector, baixo a supervisión da Consellería de Medio Rural da Xunta. Entre os queixos que participan figuran as coñecidas denominacións de orixe Arzúa-Ulloa, San Simón e O Cebreiro.