Notas
-
Esta exposición sobre o artista canadense en España enténdese como a máis completa sobre a súa obra. Reábrese a terraza do CGAC coa peza recén restaurada Triangular Pavillion, de Dan Graham. Curtametraxes, concertos e conferencias, na oferta ata finais de ano.
-
Os representantes rexionais na comisión de Cohesión Territorial coinciden en sinalar as dificultades de condicionar as axudas europeas polas rexións a que os Estados cumpran os requisitos do pacto de estabilidade orzamentaria.
-
Economía e Industria reitera o seu apoio ao téxtil como sector estratéxico para a economía de Galicia, na apertura do show room de Viriato en Santiago. O Goberno galego tamén amosa o seu apoio a Barreras en agarda do seu plan de viabilidade condicionado pola incertidume en torno ao tax lease que complica a planificación.
-
Caramuxo, co seu espectáculo Pío, e o grupo Sarabela, coa súa montaxe titulada Tango, ocupan o martes 18 de outubro os escenarios da SGAE/Fundación Autor e do Teatro Principal de Santiago de Compostela, dentro da programación da Mostra de Artes Escénicas de Galicia.
-
Do 28 ao 30 de outubro Vilagarcía de Arousa acolle o V Encontro Asociativo Xuvenil “Emax” que reunirá a máis dun millar de participantes de Galicia e Portugal que presentarán os seus traballos e experiencias.
-
A celebración destes cursos é un dos principais acordos adoptados no Workshop on Pilgrimate Studies, celebrado en Washington e ao que asistiron representantes de corenta universidade de Estados Unidos e Canadá. O Xacobeo presentou a película The Way.
-
Pamelia Kurstin ofrece dous obradoiros de theremín en Vigo e Santiago, no ciclo Espazos Sonoros que propón achegarse a este peculiar instrumento da man dunha intérprete de prestixio internacional, que ten actuado xunto a artistas como David Byrne, Richard Cheese ou Béla Fleck.
-
Coincidindo coa celebración do Día Internacional da Tradución e no centenario do nacemento de Cunqueiro, preséntase a versión inglesa do libro Xente de aquí e de acolá, traducido por Jonathan Dunne co título Folks from here and there, co fin de proxectar a identidade e a cultura galegas no ámbito exterior.
-
O galeón La Pepa, unha réplica dos galeóns españois que uniron España e América durante séculos, acolle a exposición itinerante conmemorativa do bicenteneario da Constitución española de 1812. O centro de interpretación da Carta Magna atraca varios días na Coruña.
-
Después de uno de los fines de semana de más actividad en la viña, la recogida de uva en la Denominación ronda los 3.000.000 de kilos. En concreto, con fecha 25 de septiembre, se llevan recogidos 2.989.240 kilos, siendo la mayoría de Mencía, 2.460.240. 27 bodegas de Ribeira Sacra terminaron la vendimia de este año.