Notas
-
Cultura e Turismo presenta na Biblioteca Pública Ánxel Casal unha exposición sobre a obra dos ilustradores Xoana Almar e Miguel Peralta, nos libros "Que lle acontece a avoa?" e "Os lunares de Lola", publicados pola Editorial Triqueta Verde.
-
Najla Shami e Héctor Lorenzo presentan en directo, no Salón Teatro de Compostela, o seu primeiro disco como Lobalú: Haikus. O novo proxecto destaca polas composicións de grande sonoridade entre as músicas galega, brasileira e o jazz.
-
Os orzamentos de Educación garanten un sistema educativo sostible a pesar da crise, xa que a maioría dos capítulos experimentan incrementos e Educación volve a gañar peso no conxunto das contas autonómicas. Plurilingüísmo, Universidade, loita contra o abandono e axudas ás familias e estudantes, os maiores esforzos en 2012.
-
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, deu conta no Parlamento galego da nova carteira de servizos de atención á dependencia, e lembrou que o decreto que a desenvolve estará listo no primeiro trimestre de 2012.
-
Durante unha hora e media, unha ducia de artistas de novo circo exhiben as súas habilidades: clown, malabares, equilibrios, zancos, acrodanza ou aéreos son algunhas das disciplinas que poderán verse no espectáculo, conducido por Antón Coucheiro e Antuan de la Creme. Pistacatro ofrece unha única función na capital galega.
-
A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés acolle ata o 28 de novembro, e co gallo do Día Internacional das Bibliotecas, a exposición "Un paseo ilustrado: debuxos de David Pintor e Óscar Villán".
-
Organizado pola Sociedade Española de Historia da Construción, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Máster Universitario en Renovación Urbana e Rehabilitación do Instituto Juan de Herrera, o VII Congreso Nacional de Historia da Construción reúne a expertos no mosteiro de San Martín Pinario ata o 29 de outubro.
-
Adam Cohen, fillo de Leonard Cohen, presenta no Salón Teatro de Santiago de Compostela o seu novo disco titulado Like a man. Faino no que será o seu primeiro concerto en Galicia que se enmarca no ciclo Galicia Importa, e que conforma a súa terceira parada da xira por España, xunto coas cidades de Madrid e Barcelona.
-
Galicia rexistrou en setembro un total de 921.479 visitantes, un 5,44% máis respecto do mesmo mes do ano pasado. en 2011 contabilizáronse preto de 7,5 millóns de visitantes, o que supón un aumento do 6,4% respecto ao Ano Santo de 2010.
-
A diversidade lingüística e cultural do Camiño de Santiago protagoniza un congreso que congrega a expertos de diversos puntos de Europa para promover o recoñecemento da diversidade lingüística e do idioma propio de Galicia a través desta iniciativa.