Notas
-
Os directores Eduardo Chapero-Jackson e Nacho Vigalondo ofrecen dúas clases maxistrais sobre novas maneiras de facer cine, durante o Foro Academia Aberta que se celebra na Cidade da Cultura de Galicia. A creatividade e a innovación enténdense como os motores do futuro do sector audiovisual.
-
Presentouse en Vigo o libro-disco sobre Álvaro Cunqueiro titulado "Haberá Primavera. Catorce poemas, catorce cancións", unha obra do cantautor Cesar Morán editada por Galaxia. Ademáis do libro, a obra contén dous CDs con poemas musicados e a derradeira conversa de Cunqueiro con Morán poucos días antes de falecer.
-
O Parlamento de Galicia reúne aos ex presidentes da Cámara galega e da Xunta de Galicia na sesión solemne conmemorativa do 30º aniversario desta institución. A presidenta Pilar Rojo pide "afianzar a súa dimensión de servizo público" e "actualizalo".
-
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, destaca o valor do escudo, a bandeira e o Himno de Galicia como elementos de unión e de identificación dos galegos, durante a conmemoración do 30º aniversario dos símbolos de Galicia logo da aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981.
-
O Congreso Lois Pereiro, organizado pola Real Academia Galega, conta coa participación de grandes escritores e expertos en literatura galega para analizar a obra e a vida do poeta monfortino no que será "un punto e aparte nos actos de homenaxe das Letras Galegas 2011".
-
Con 750 atletas inscritos, a 12ª edición Cross Megaxove superou tamén a cifra histórica de participantes. Megaxove pecha as súas portas tras catro días de actividade. Expourense agradece a implicación e o esforzo da trintena de federacións e asociacións que fixeron posible esta edición.
-
O contratenor francés Philippe jaroussky, o máis importante dos cantantes barrocos actuais, actúa o 4 de decembro na Coruña no marco do ciclo Grandes Voces do Galicia Classics. O seu concerto baséase en arias de óperas de G.F. Händel como Xulio César, Agripina e Xerxes, entre outras.
-
O Centro Andaluz de Teatro ofrece entre o 1 e o 3 de decembro, no Salón Teatro de Compostela, catro funcións de “La noche de Max Estrella”, en coprodución co CDG. Trátase dunha proposta escénica a partir de “Luces de Bohemia”, de Valle-Inclán, no 75 aniversario do pasamento do escritor.
-
A Fundación Vicente Risco vén de entregar á Xunta de Galicia as copias dixitalizadas de manuscritos, debuxos, libretas de notas e demais material empregado por Vicente Risco para o seu almacenamento na Cidade da Cultura. Protexer e difundir o rico legado bibliográfico e documental que alberga esta institución é o principal obxectivo deste acordo.
-
O profesor Ignacio Castro, coa charla “A lentitude fulminante. De Lao Zi a Nietzsche”, e Joxerra Garzía, coa ponencia “Pílulas de sabedoría popular: do refrán ao tweet”, abren e pechan o Laboratorio de pensamento breve na CdC.