Notas
-
O Goberno galego anunciou a integración das funcións do Consorcio Audiovisual Galego en Agadic para que o sector dispoña dunha “xanela única” que pretende dar resposta ás reivindicacións do sector que criticaban a dispersión das competencias nesta materia.
-
A Cidade da Cultura acolle o Encontro Internacional Economía e Cultura onde se darán a coñecer fórmulas imaxinativas de cooperación entre estes dous sectores e proxectos novidosos ao redor da economía creativa, fomentando a unión entre empresas e creadores.
-
O presidente da Xunta de Galicia salienta a Gala da Cultura, da Deputación da Coruña, como a proba da “Galicia, célula de universalidade”, dun país “sen muros nin fronteiras que nunca veu no alleo unha ameza senón un complemento”. Unha universalidade que, según Feijóo, foi alimentada por galegos adoptivos.
-
O Goberno galego prepara a que será a primeira Lei de Telecomunicacións en 30 anos de autonomía, e avanza que as blindará como un servizo público para garantir o seu desenvolvemento coordinado e planificado. O sector aglutina en Galicia a 1.500 empresas e a 13.000 traballadores.
-
A Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela acolleu unha nova sesión do III Curso Xerardo Fernández Albor: 30 anos de Autonomía, coa celebración dunha mesa redonda sobre a España das autonomías e o Estatuto de Galicia protagonizada por González Mariñas, Blanco Valdés e Puy Fraga.
-
Así o definiu o conselleiro de Cultura que participou no acto de peche oficial deste evento que rematou cun programa de actividades profesionais moi completo. O paquete tren, unha das novidades, posiciona a Ourense como destino de proximidade con cidades como Santiago e A Coruña.
-
Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
-
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
-
O concello pontevedrés, o "qm 0 de Galicia", que conta con 20.000 habitantes recibirá máis do triplo de visitantes que veciños ten o día 12 de febreiro en que se celebra a XLIV edición da Festa do Cocido de Lalín.
-
A secretaria xeral para o Turismo presentou na Coruña a Exposición da Camelia que se celebra en febreiro na cidade herculina, destacando a potencialidade da Ruta da Camelia como produto turístico cabeceira de marca, orixinal e diferenciador.