Notas
-
Durante o tempo que permaneza exposta a obra de Lourés desenvolveranse distintas actividades complementarias. Mario Outeiro indicou que “non é a primeira vez que a Área de Cultura colabora con Lourés nunha exposición, pois xa colaborara nunha mostra celebrada no Círculo das Artes”.
-
Tras unha modificación no cadro financeiro do Programa de Apoio ao Viño para o exercicio 2012, á Galicia corresponderíalle un presuposto total de 3.681.975,67 euros, dos cales máis de 2 millóns xa foron distribuídos como anticipo. Medio Rural e do Mar desprazouse ata Madrid para acudir á Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural.
-
O Día Mundial da Poesía 2012, celebrado no Centro Cultural da Deputación de Ourense, tivo como figura senlleira ao poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, de quen se cumpren 100 anos do seu nacemento.
-
O primeiro concerto será o 28 de marzo, no Pazo da Ópera da Coruña, e contará coa interpretación da Orquestra Sinfónica de Gotemburgo, dirixida polo venezolano Gustavo Dudamel e con programa de Richard Strauss. Nesta edición homenaxéase aos compositores galegos do século XX Carlos López García-Picos e Xoán Viaño.
-
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou en Baiona un convenio de colaboración coa Mancomunidade do Val Miñor para a xestión das instalacións. A titular do departamento autonómico destacou a importancia de que este modelo se estenda a outros centros de atención social.
-
Galicia foi distinguida como "rexión da semana" polo comisario europeo de Política Rexional, Johannes Hahn, quen adica esta semana un espazo na súa páxina web a analizar o impacto da política rexional europea na comunidade galega.
-
Técnicos da Consellería, que realiza o proxecto, viaxan ata o 13 de abril a diferentes concellos galegos para informar aos estudantes dos mesmos sobre as probas de acceso á Universidade e os novos plans de estudo do EEES.
-
Os actores Rocío González e Salvador del Río, e os bailaríns Armando Martén e Ana Beatriz Pérez, interpretan esta montaxe, que indaga con ironía e humor no tema do compromiso político e a compra de conciencias e que foi finalista nos premios Max e María Casares 2012.
-
Será o primeiro e único concerto de Gustavo Dudamel coa Sinfónica de Gotemburgo en Galicia. Un concerto que o día 28 de marzo abre na Coruña o ciclo Galicia Classics. Dudamel dirixe actualmente a Filharmónica dos Ánxeles e a Simón Bolívar de Venezuela.
-
Thurston Moore, líder de Sonic Youth, actúa o mércores 14 de marzo no centro Ágora da Coruña, dentro do ciclo Galicia Importa. O vocalista, guitarrista, compositor e cofundador da mítica banda norteamericana presenta en directo os temas do seu novo disco en solitario.