Notas
-
As Xornadas de Banda Deseñada, que se celebran do 4 ao 18 de outubro na Casa da Xuventude de Ourense, están dedicadas á memoria de Benito Losada e tamén haberá espazo para un tributo colectivo aos autores galegos de Polaqia que se disolve a finais de 2011.
-
O presidente da Deputación participa no acto de homenaxe que lle rendiron os veciños de Xustás ó actor, e que incluíu o descubrimento dunha praca conmemorativa da efeméride que acadou o Goya ó mellor actor pola súa interpretación en Celda 211.
-
O espectáculo O soño dourado. De Rosalía a Cunqueiro, que chega á Cidade da Cultura de Galicia o 2 de outubro, concíbese como unha actuación poético-musical en homenaxe ás obras que inspiraron algunhas das páxinas máis logradas da literatura galega.
-
O primeiro foro Espazos para a Cultura reunirá no Gaiás a principios de novembro a representantes de institucións culturais de referencia a nivel mundial, como o MoMA, o Pompidou ou a Biblioteca de Alexandría. O evento pódese seguir en directo na web www.fiec-cidadedacultura.org.
-
A directora xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo destaca “o espectacular incremento” de peregrinos coreanos que chegan a Santiago atraídos pola ruta xacobea. O fixo na presentación de tres libros sobre o Camiño de Santiago da escritora e xornalista surcoreana Kim Hyo.
-
Argentina será el país invitado de la 11ª edición de Termatalia, Feria Internacional de Turismo Termal, que tiene en Expourense entre el 23 y el 25 de septiembre. De las 23 provincias argentinas, 19 ofrecen recursos termales.
-
O Museo Municipal de Ourense acolle a mostra O camiño real de Castela a Santiago por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da prata, que organiza o Museo Arqueolóxico Provincial para dar a coñecer o valor patrimonial desta ruta, eixo de referencia e sinal identitario.
-
A promoción combina a gastronomía e a estancia nas casas rurais galegas a prezos moi competitivos. A secretaria xeral para o Turismo salientou a capacidade deste produto para dinamizar a práctica turística no eido rural a través da implementación da oferta complementaria, favorecendo a desestacionalización.
-
Ruído de fondo explora o sons electrónicos do underground americano e a música experimental xaponesaEsmeralds, Doravideo e Kokusyoku Sumire poñen a música no ciclo adicado á arte sonora que atrae á Cidade da Cultura de Galicia novos sons: nesta ocasión, os electrónicos do underground americano e a experimental xaponesa.
-
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá promove a XXXIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo entre o 18 e o 25 de setembro. As homenaxes a Manuel Piñeiro, "O Pintor", Antonio Casal e Marta Rivera, as galas especiais Daniel Soul, Alzheimer e The Beatles, entre as novidades desta edición.