Notas
-
Durante tres meses, o público pode achegarse os xoves e os venres ao CGAC para desfrutar gratuítamente dunha selección de películas da época en V.O. subtitulada. O novo ciclo cinematográfico promovido por Cultura titúlase Cando Tiburón devorou o cinema: Ascenso e caía do novo Hollywood.
-
Os premios entregaranse durante a ceremonia de clausura do Belén Electrónico de Begonte, o día 31 de xaneiro ás 17h.
-
Nesta xornada presentaranse distintos índices que existen actualmente para a referenciación do prezo do leite de vacún, de ovella ou de cabra cando as partes contratantes acorden que sexa variable.
-
O PSdeG de Ourense reivindica a honestidade persoal e política de Aurea Soto e a sua valentía para impedir que os intereses privados seguiran prevalecendo no Concello fronte ao interese xeral da cidade e da cidadanía.
-
A cantar con María Fumaça, Espantallo amigo, Feliciano, Cantigas da estrela e Lingua de reis encheron a programación de actividades para festexar o Nadal na terceira edición do programa que incluíu materiais e recursos dixitais para galeguizar as festas e promover o uso do galego desde as tecnoloxías da información e da comunicación.
-
O estudo Galicia Impactur 2014 ten o obxectivo de actualizar a estimación do impacto da actividade turística na economía da comunidade seguindo a metodoloxía e procesos homologables de Exceltur que Galicia ven realizando nos últimos anos e sobre o conxunto de variables e decisións dos diversos axentes económicos galegos.
-
A segunda entrega da análise da represión e a resistencia durante os 40 anos de ditadura chega en xaneiro cunha exposición e tres conferencias. Na mostra, que pode visitarse no salón de exposicións do Pazo de San Marcos do 22 de xaneiro ao 27 de febreiro, amósase un amplo abano de documentos, obxectos e unha cova na que se esconderon guerrilleiros.
-
Nenos a partir de 8 anos poden participar o sábado 17 e o domingo 18 de xaneiro no obradoiro "Sons de película", no que se recrean escenas míticas de películas para axudarlles a descubrir a maxia do cine. A actividade, promovida por Cultura e Educación, celébrase na Cidade da Cultura de Galicia, no monte Gaiás de Compostela.
-
Como novidade, Turismo de Galicia promociona o sendeirismo e o cicloturismo nas feiras FIETS En Wandelbeurs, de Amberes, e Unibike, de Madrid. Amplíase, tamén, a promoción do Camiño de Santiago á feira Koinè, de Vicenza, así coma o turismo galego en xeral en Canadá a través do certame internacional Tourism & Travel.
-
O BNG pide a comparecencia do ministro de Sanidade sobre os beneficiarios dos fármacos de hepatite CAs deputadas do BNG no Congreso, Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila, solicitaron no Congreso a celebración dunha Deputación Permanente para que se aprobe a convocatoria dunha sesión estraordinaria da Comisión de Sanidade a fin de que compareza o Ministro sobre a situación xerada polos restrictivos criterios establecidos para que doentes de hepatite C poidan acceder aos novos tratamentos.