Notas
-
O Arquivo Dixital Único de Galicia albergará os fondos do patrimonio documental galego (incluíndo documentos do antigo Reino de Galicia) e favorecerá unha mellor interconexión administrativa no eido da Eurorrexión, logo da aprobación do seu marco de referencia que entrará en funcionamento en 2015. O Centro de Proceso de Datos do Gaiás será o nodo de custodia de toda a información do arquivo Dixital.
-
Convocado pola Deputación de Ourense, está dotado con 3.000 euros para a dúas modalidades. O prazo para a admisión das obras remata o 31 de decembro.
-
A directora de Turismo de Galicia destaca a importancia do labor científico e divulgativo para a preservación do Camiño de Santiago. Nava Castro sinalou que o Camiño de Santiago é un fenómeno vivo e en pleno auxe que está servindo de modelo demostrador para moitas outras rutas de peregrinación mundiais.
-
Rapaces de entre 3 e 7 anos de 28 concellos das catro provincias participan nesta actividade entre os días 11 e 19 de decembro. Por sétimo ano consecutivo a rede CeMIT dará soporte técnico á conexión con Laponia para os nenos e nenas de Galicia.
-
Un belén tradicional de 55 metros cadrados e máis de 550 pezas decoradas, realizadas e talladas a man de forma artesanal que poderá visitarse ata o 7 de xaneiro. De maneira pioneira, Turismo de Galicia realizou un programa conxunto para a celebración do Nadal en Galicia que con numerosas actividades tradicionais e novidades posiciona a nosa comunidade como destino turístico á altura das grandes cidades.
-
Alberto Núñez Feijóo lembra que desde o 23 de outubro, a “Festa do Belén electrónico de Begonte é xa unha protagonista obrigada na lista de 108 Festas de Interese Turístico de Galicia”. Destaca o carácter especial do Belén de Begonte con máis de 40 anos de existencia, trascendendo o relixioso para formar parte do valor patrimonial galego.
-
Este paquete comezará a aplicarse ao longo do primeiro semestre de 2015, seguindo a estela da carteira de servizos de atención á dependencia e anticipando os servizos de inclusión e a de servizos para persoas con autonomía. En familia incorpórase a posibilidade da atención nocturna nas casas niño e no servizo de axuda no fogar para a infancia.
-
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios adxudicou máis de 200 subvencións para a adquisición de equipamentos para a recepción da TDT a través do satélite, para familias sen cobertura que vivan nas zonas a revitalizar do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia, no exercicio 2014, acadando un investimento subvencionado total de 59.795,67 euros.
-
A Praza Maior acolleu a iniciativa “Galicia Calidade en ruta”, cun showcooking e unha cata de viño para fomentar o consumo de produtos con este selo de garantía. A marca conta con máis de 250 produtos certificados de 51 empresas diferentes para acceder aos mercados máis competitivos e esixentes.
-
O Orfeón Lucense, coro oficial da Catedral de Lugo, ten comprometidas oito actuacións no decurso deste mes de decembro, entre elas a da inauguración do Belén de Begonte que pregona nesta edición o presidente da Xunta.