Notas
-
Abe Rábade, Banda Crebinsky, Som do Galpom, Cuarteto Caramuxo, Sés, Sumrrá, Najla Shami, Rosa Cedrón, Caxade, Radio Cos, Daniel Minimalia e Luar na Lubre protagonizan as actuacións de Focus Galicia, que se desenvolve do 19 ao 22 de outubro na Coruña, Ourense e Santiago de Compostela.
-
“Nestes presupostos de 2015 volvemos ser a segunda comunidade autónoma con maior investimento por habitante, sendo Ourense a provincia con maior investimento en ferrocarril de España”, asegura Feijóo que salienta que esta liña galega é a obra máis difícil de ferrocarril na historia de España.
-
O auditorio Abanca acolle a proxección de nove filmes, entre os que se inclúen estreas recentes e unha escolma das mellores películas que teñen pasado polo festival. Cultura e Educación apoia a Semana de Cine Euroárabe Amal con 13.854 euros como un dos cinco eventos subvencionados a través das axudas a festivais audiovisuais.
-
A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro, coa colaboración do Concello de Catoira (Pontevedra) organiza o Certame de narrativa breve Modesto R. Figueiredo a nivel galego coa finalidade de promover a literatura narrativa en lingua galega e homenaxear ao seu artellador, o pontevedrés Modesto R. Figueiredo.
-
O cineasta José Luis Guerín abordará as temáticas do tempo, o espazo, o movemento e a posta en escena no taller “Representación da realidade” que complementa obradoiros formativos que afondan en temáticas de creatividade.
-
Segundo os datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2014, sete de cada dez fogares galegos conéctanse a internet de banda larga, preto dun 50% máis que hai catro anos. Galicia lidera o ránking de Comunidades na xestión da Administración Pública online.
-
Con este aplaudido concerto de fados, o programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística fomenta o uso do galego entre o público de todas as idades. Pechou a xira de Os Bolechas e o sabichón coa participación de máis de 1.200 cativos e as súas respectivas familias.
-
2.002 pasaxeiros viaxaron entre xuño e setembro nos trens que cubriron as sete rutas programadas este ano: Ruta dos faros, Ruta dos pazos e xardíns históricos e as rutas dos viños de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, O Ribeiro-Rías Baixas e Valdeorras-Ribeira Sacra.
-
O CDG inaugura a súa temporada 2014-15 no Teatro Principal de Ourense, que o venres 3 de outubro acolle a primeira función para público familiar do espectáculo de teatro musical con dirección escénica do luso-brasileiro José Caldas.
-
Do 13 ao 18 de outubro, o evento Con barqueira e remador converte a illa nun espazo para a o intercambio literario e a creatividade a través da tradución de textos poéticos ao galego, letón, checo, éuscaro, chinés, romanés e sueco. Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia sobre o transvasamento lingüístico.