Notas
-
“Presentamos unha serie de actuacións para preservar este monumento natural fronte aos riscos que comprometen o seu futuro, co obxectivo de compatibilizar a conservación e os valores ambientais co aproveitamento sustentable como recurso turístico”, afirma Feijóo.
-
Un total de 15 artesáns participan no tallet de técnicas da plumería na alta costura, co prestixioso deseñador Serkan Cura que ten traballado para Jean Paul Gaultier e que conta agora coa súa propia firma en París, e promovido pola Fundación no marco do novo Plan de Artesanía de Galicia.
-
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE dirixiu en Italia a reunión da comisión CIVEX na que se debateu a estratexia a seguir por parte do CdR para achegar o proxecto europeo á cidadanía. Comprométese a elaborar un informe sobre o rol da asamblea de rexións na UE.
-
De tapas por Galicia concentra os concursos gastronómicos de outono das 7 principais cidades galegasPreséntase en Madrid e Barcelona o programa De tapas por Galicia, que concentra os concuros gastronómicos de outono das sete grandes cidades galegas. Esta iniciativa ten como obxectivo promover o turismo urbano e a gastronomía de Galicia e impulsar os certames de tapas que se desenvolven en cada unha das 7 grandes vilas.
-
A película austriaca La segunda mujer consigue o apoio do público na Sección Oficial da XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo que promove o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá. Na categoría de curtametraxes, impúxose Las casitas.
-
Un total de doce músicos, seis prodixios musicais galegos e seis novas estrelas rusas procedentes das prestixiosas fundacións de música clásica Rostropóvic e Spivákov, foron os seleccionados para participar como intérpretes no IV Festival Internacional Peregrinos Musicais en Compostela.
-
Tamén aposta polo medio ambiente e reitera o obxectivo de que o 95% do total do consumo en Galicia proveña de fontes renovables. Destaca que Galicia é a segunda produtora de enerxía eólica: produce o 17,4% da electricidade de España xerada con tecnoloxía eólica, un 18% máis que en 2012.
-
Entendendo o Camiño como un dos principais sinais de identidade para o futuro de Galicia, Feijóo avoga por reforzalo a travésda creación dun centro internacional de acollida aos peregrinos. Entende que o Plan Director dos Camiños de Santiago actúa como folla de ruta para o Ano Santo de 2021.
-
O secretario xeral de Cultura inaugurou a exposición itinerante que afonda na vida e no legado do poeta de Paradela, e que se pode visitar ata o 7 de outubro na Biblioteca Pública Miguel González Garcés.
-
Salón Teatro, Teatro Principal e Zona C suman a esta iniciativa as 32 funcións das 10 montaxes de teatro adulto que presentan as súas carteleiras de setembro a decembro. Pódense adquirir 5 entradas para 5 espectáculos producidos en Galicia a un prezo total de 35 euros.