Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • Mañá xoves 21 de agosto os profesionais do mar de Camariñas que están a participar nas Xornadas de Turismo Mariñeiro do “Plan de Dinamización do Sitio de Interese Nacional Cabo Vilán. Camariñas, o mar todo”, visitarán Ribeira. Nesta excursión coñecerán distintos produtos e actividades que están a ser verdadeiros referentes no sector do turismo mariñeiro en Galicia.
  • O Festival XI Revenidas, que se celebra en Vilaxoán na Ría de Arousa os vindeiros 22, 23 e 24 de agosto xa ten gañador do II Concurso de Grupos Emerxentes Revenidas. O grupo de Ames Biribirlocke consolídase deste xeito coma unhas das bandas galegas de recente creación con maior proxección.
  • Son moitas as horas nas que a música de Samarúas ten soado na cidade pero sempre en forma de ensaio. É na Coruña onde pasan a maioría de horas preparando os seus temas, pero pese a isto todavía non houbo posibilidade de poder velos en directo, algo que será efectivo o mércores 20 dentro da Festa da Fresa de Eirís. Samarúas comezaron en maio os seus concertos desta tempada, e dende a Festa Amanexa de Oleiros foron a Aguiño a tocar no Son do Barbansa cuns referentes na música galega coma Heredeiros da Crus.
  • A exposición “MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emigrante galego-poeta obreiro” chegou á Casa da Cultura vilalbesa, onde foi inaugurada nun acto presidido polo Alcalde de Vilalba, Gerardo Criado. A mostra, que forma parte do proxecto do mesmo nome, é unha iniciativa de GaliciaDigital, coa colaboración do Concello de Paradela e a familia do escritor, apoiada pola Xunta de Galicia, Deputación Provincial, Concello de Lugo e Real Academia Galega. E, nesta ocasión, tamén polo concello de Vilalba.
  • O Museo Provincial de Lugo acolle ata o 30 de setembro unha interesante e completa mostra que repasa a tradición oleira de Samos e analiza as distintas formas da cerámica popular galega. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, inaugurou esta tarde esta exposición, titulada Formas Tradicionais da Cerámica Popular, Samos, e que ocupará até finais de setembro a sala central de exposicións do Museo Provincial de Lugo.
  • A finais do mes de xullo arrancou nun municipio costeiro do litoral galego a pilotaxe do Proxecto Videoguard, un sistema de videovixilancia intelixente para a prevención e persecución da pesca e do marisqueo furtivos. O período de probas estenderase ata finais de ano e servirá para valorar a viabilidade de implantar o sistema na costa galega, aproveitando as infraestruturas de telecomunicacións xestionadas polo operador público Retegal.
  • El alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, y el presidente de la Diputación, Diego Calvo, han mantenido una reunión de trabajo para iniciar los trámites para que A Coruña sea elegida sede de la fase final de la 80ª Copa de S. M. el Rey de la ACB de la temporada 2015 -2016. “A Coruña continúa así con decisión y paso firme el camino para albergar otro gran evento y estrechar aún más sus lazos con este deporte que tantos aficionados tiene en la ciudad”.
  • O fotógrafo Igor Gonzalo mostra no Ateneo Ferrolan a 6ª edición do proxecto VOYAGE, dedicado ao Marrocos máis oculto e descoñecido. O artista castelán elixe a cidade de Ferrol para abrir a súa 6ª exposición itinerante baixo o selo 'Voyage', que este ano ten como protagonista única a Marrocos. Nesta exposición recóllense 39 fotografías a gran formato que explican graficamente e baixo unha mirada fotoperiodística a realidade dos que habitan en Marrocos.
  • A X Edición de Música no Claustro chega do 6 ao 10 de agosto con gran expectación debido a ter experimentado un importante crecemento dende o punto de vista cultural, artístico e de xestión. A grella de programación ascende nesta edición a 7 concertos, xa que o sábado e o domingo o festival ofrece dúas propostas musicais. Cabe destacar a experiencia única de coñecer a Catedral a escuras baixo a luz da lúa chea á media noite durante o concerto de órgano que o galego Fernando Buide, doutor na Universidade de Yale, ofrecerá en memoria ao Pai Rosendo Salvado.
  • A Deputación atende as primeiras consultas dos lucenses no servizo gratuíto de asesoramento sobre a factura da luz, que vén de poñer en marcha este mesmo luns, converténdose no 1º organismo provincial en Galicia con esta prestación. Faino ante as continuas subas na luz do Goberno Central, a situación de desinformación na que se atopan os cidadáns, así como debido ós abusos que sofren por parte das eléctricas.