Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Notas

  • A nova exposición de Berta Alvarez Cáccamo na Casa da Parra, titulada "Verquidos", conta con arredor de 60 pezas entre debuxos sobre papel e lenzos e foi calificada como unha mostra “de que os nosos artistas plásticos forman unha vangarda con identidade propia. Pode visitarse ata o 30 de setembro.
  • Nunha contorna única, o ciclo propón concertos e espectáculos multidisciplinares con recoñecidas propostas artísticas galegas e internacionais, como Doa, Xoán Curiel, o cuarteto Skirion, o coro Ultreia, laReverdie e o tenor italiano Marco Beasley en “percorridos polas antigas melodías europeas”, , xunto con “novas propostas escenográficas e de canción de autor galegas”.
  • O presidente da Xunta presentou ao sector a Estratexia de Impulso á Biomasa 2014-2020 que prevé a mobilización de 450 millóns en investimentos ata 2020, a creación de 1.000 empregos e axudas directas que superan os 89 millóns, co fin de crear unha gran industria en Galicia.
  • El Ciclo Gas Natural Fenosa de Cine Itinerante, que persigue llevar las mejores producciones cinematográficas españolas de los últimos años, de forma gratuita, a poblaciones de todo el territorio, llega este verano por primera vez a varios municipios de Galicia. Del 17 de julio al 5 de septiembre, se exhibirán películas en Carballo, Viveiro, Sanxenxo, Vigo, Arteixo, Lalín, Vilagarcía de Arousa, Riveira, Monforte de Lemos y Ferrol. Además de la proyección de la película al aire libre, en pantalla grande y entrada gratuita, las sesiones contarán con la presencia de alguno de los actores gallegos protagonistas de los films, que intercambiarán opiniones sobre la producción con los asistentes.
  • Cultura e Educación convida a cidadanía a visitar os museos durante o verán a través dunha programación especial que inclúe novas exposicións e diversas actividades. Nunha comparecencia no Parlamento de Galicia, presentouse o labor desenvolvido polos centros museísticos a prol da posta en valor e difusión do patrimonio cultural de Galicia, con múltiples iniciativas para todos os públicos.
  • A Praza de Praterías da capital de Galicia acolle o sábado 19 de xullo o novo espectáculo de circo na rúa para toda a familia a cargo da compañía Pista Catro. A tarde de circo complétase no Salón Teatro de Compostela coa función Aurora por Elefante Elegante.
  • O conselleiro de Cultura e Educación cualificou a mostra de 40 pezas dos séculos XV ao XX, de gran valor histórico e artístico como “un novo vencello da capital de Galicia e da meta europea da espiritualidade cos importantísimos movementos de tradición creativa do noso continente”.
  • No acto institucional promovido pola Fundación Rosalía de Castro, o secretario xeral de Cultura referiuse no espazo común arredor da escritora como “un ben central da nosa cultura” e recordou que “moito do que hoxe somos llo debemos ao que ela nos anticipou”.
  • Budiño, Luar na Lubre e Susana Seivane encabezan o cartel musical que se desprega o 25 e 26 de xullo na localidade de Moaña. A Consellería de Cultura e Educación participa en Moaña a presentación do XXX Festival Intercéltico do Morrazo que dá cabida aos novos talentos.
  • As actividades deste convívio cultural desenvolveranse durante toda a xornada do sábado, 12 de xullo, na Casa Museo Manuel María e na carballeira de Santa Isabel, en Outeiro de Rei.