Notas
-
Tras sus sold outs en Madrid y Barcelona la banda actuará en la Plaza de la Quintana de Santiago de Compostela.
-
A directora da Amtega presentou o Balance 2009-2013 da Estratexia Tecnolóxica da Xunta. No 2013 o Goberno galego asinou o Pacto Dixital con 12 empresas TIC de ámbito multinacional e rexional para impulsar o desenvolvemento tecnolóxico de Galicia.
-
O conselleiro de Cultura Xesús Vázquez Abad detallou a implantación do novo decreto de Educación Primaria, adaptado á LOMCE, facendo fincapé na adquisición de competencias en comunicación lingüística, matemáticas e en ciencias e na aplicación da tecnoloxía.
-
Muros, Cariño, Neda, Ortigueira, Val do Dubra e Noia acollen entre o sábado 24 e o domingo 25 de maio a representación das obras infantís Os Bolechas e o Sabichón e As fabas máxicas, dentro do programa FalaRedes impulsado pola Consellería de Cultura e Educación.
-
A 19º Edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, que se celebrará entre os días 15 e 23 do mes de novembro, xa ten cartaz oficial. A que será a imaxe do Festival para este 2014 presentouse no Centro Municipal Anxel Valente, nunha roda de prensa.
-
A Pobra do Caramiñal ofrece un homenaxe a título póstumo a María Beatriz Baltasara del Valle-Inclán Blanco, popularmente alcumada como "doña Mariquiña", e ao seu marido, o intelectual porteño Daniel Jesús Devoto Fantoni, un magnífico musicólogo, crítico literario e escritor que destacou sobre todo no eido da poesía.
-
Baixo a dirección de Manuel Guede Oliva, os actores Gonzalo Uriarte, Luisa Merelas, Marcos Viéitez e Alberto Rolán dan vida aos Tyrone, unha familia quebrada polas frustracións e os vicios. Longa viaxe cara a noite entra na recta final da súa xira por distintas localidades galegas.
-
Roma, ciudad abierta; Paisà; Alemania, año cero; L'amore; Stromboli; La macchina ammazacattivi; Te querré siempre e India, Matri Bhumi son algúns dos títulos restaurados que se exhiben no ciclo que promove a filmoteca galega desde o 21 de maio e ata o 18 de xuño.
-
Sogama incrementou a súa achega á reciclaxe en preto dun 150 por cento. Se no primeiro trimestre do ano 2009 remitía á industria transformadora un total 4.589,97 toneladas de materiais contidos na bolsa amarela (envases lixeiros) e negra (fracción resto), no mesmo período do 2014 esta cifra ascendeu a 11.317,68 toneladas.
-
As axudas públicas por importe de 300.000 euros teñen por obxecto apoiar a promoción dos 98 festexos con singularidades que as destacan como Festas de Interese Turístico de Glaicia, e que supoñen un importante reclamo de atracción turística e un incentivo para as economías dos municipios implicados.