Notas
-
O centro Ramón Piñeiro da capital de Galicia acolle un novo seminario internacional sobre literatura infantil e xuvenil que congrega durante dous días expertos dos ámbitos galego, portugués, brasileiro, catalán, éuscaro e castelán.
-
A artesanía en vivo compartirá programa un ano máis coa gastronomía, música e baile, workshops e charlas; así como actividades para nenos e nenas. Entre as novas incorporacións a esta cita na que se unen tradición e vangarda están a carpintería de ribeira e a montaxe de moscas para a pesca.
-
O Executivo galego avanza que Galicia contará por primeira vez cun Plan global director dos Camiños de Santiago, “unha folla de ruta para revitalizar, promocionar e promover os camiños de cara ao próximo Xacobeo 2021”. A este plan seguiralle un Plan estratéxico que fixará as distintas propostas de actuación que se levarán a cabo”.
-
A programación dá comezo o venres27 de xuño cun pregón a cargo do director Andrés Lima, presenta por vez primeira en Galicia os últimos espectáculos das compañías de Miguel Ángel Solá, Paco Mir e Sol Picó.
-
Os bebés, os nenos e nenas e a mocidade terán ocasión de se achegar aos libros e á lectura a través de obradoiros creativos, cancións de arrolo, trabalinguas, xogos e propostas escénicas. Ao abeiro deste programa promóvense 773 eventos de fomento da lectura en bibliotecas desde marzo a outubro, e poden seguirse no blog http://blogs.xunta.es/lercontamoito
-
A nova programación do Festival Internacional do Mundo Celta, que inclúe grupos como The Chieftains e Milladoiro, foi presentada polo secretario xeral de Cultura e polo alcalde de Ortigueira. "Lévalo dentro. Sínteo" é o lema da nova edición do festival, que se celebrará do 17 ao 20 de xullo en Ortigueira.
-
Turismo de Galicia presenta a oferta turística galega aos operadores máis importantes de Francia como parte das actividades programadas no Instituto Cervantes de París, en Francia, que acolle a Semana do Camiño de Santiago como promoción da Ruta Xacobea.
-
Unha charla-concerto sobre a biografía e o legado musical desta artista compostelá do XIX, da man de Rosario Martínez e Beatriz López-Suevos, presenta os seus traballos de investigación sobre a compositora. Mme. Saunier participou en iniciativas de dignificación da cultura galega e foi académica da RAG.
-
A película Encallados, de Alfonso Zarauza e producida por Zircozine, exhíbese en catro pases de estrea entre o venres 13 e o sábado 14 de xuño no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Encallados é unha comedia autocrítica sobre o propio mundo do cine, coa participación de Luis Tosar.
-
Trátase dun proxecto europeo anual de mobilidade dirixido aos profesionais da orientación organizado polo Ministerio de Educación en colaboración coas comunidades autónomas. A xuntanza de Compostela enmárcase na iniciativa Leonardo da Vinci de mobilidade.