Notas
-
Maiores de toda Galicia participaron activamente promovendo a vellez como unha etapa da vida repleta de aspectos positivos. O papel do termalismo social no envellecemento saudable centra a segunda xornada de Galisenior.
-
O presidente da Xunta recibiu á directora xeral de Turespaña e os directores de Turismo das comunidades autónomas que participan nunha reunión de traballo sobre o sector, na que dixe que Galicia "baséase na idea de ser unha comunidade turística na que non só operan as empresas e traballadores do sector, senón todos os galegos”.
-
Os residentes de 43 concellos da provincia de Ourense e doutros 16 municipios do resto de Galicia xa poden xestionar o programa de termalismo 2014 da Deputación de Ourense dende os servizos sociais dos seus concellos.
-
Máis de 150 profesionais asistiron ás xornadas técnicas centradas na detección precoz da dependencia e na posta en valor do papel activo dos maiores na sociedade. A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou en Expourense indicando que Galicia é pioneira en envellecemento activo.
-
Logo de iniciar en Guitiriz o seu percorrido por Galicia o 19 de febreiro, a mostra "Nimbos de luz", en homenaxe ao poeta Xosé María Díaz Castro, pódese visitar na Biblioteca Pública Ánxel Casal do 10 ao 26 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas. A mostra itinera por 15 concellos galegos e difunde a vida e a obra do escritor lucense homenaxeado o 17 de maio de 2014.
-
O presidente da Xunta confirma que Galicia será, un ano máis, a comunidade coas taxas universitarias máis accesibles de España ao conxelar as matrículas de grao para o curso 2014-2015, tanto en primeira como en sucesivas convocatorias.
-
O Plan de Emigración 2014-2016 xurde co obxectivo de garantir a atención aos residentes no exterior, fomentar a unión de entidades ou incorporar con maior intensidade ás mulleres e aos mozos. Trátase dun plan “que prevé a emigración non só como unha cousa do pasado, senón como unha cousa para poñer en valor no futuro”.
-
A nova compañía dos humoristas Fran Campos e Francisco Ameixeiras representa A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres no Salón Teatro de Compostela os días 10 e 11 de maio. Evaristo Calvo dirixe este espectáculo que, a partir da linguaxe xestual e o enxeño, presenta unha chea de situacións cómicas e orixinais sobre o choque de culturas.
-
Enmarcada na rede de dinamización lingüística, esta xincana chegará ás sete localidades que acollerán durante este ano a mostra ‘Nimbos de luz’, coa que a Xunta de Galicia homenaxea o autor guitiricense, e participará nelas alumnado do último ciclo de primaria e de secundaria.
-
Co impulso do Goberno galego, os clústers de Galicia buscan fomentar a cooperación internacional como vía para atopar novas oportunidades para as empresas. O proxecto europeo AT Clusters reuniu aos sectores naval, téxtil, alimentación e industrias culturais nas que participaron expertos de diferentes países.