Notas
-
Trátase dun programa de divulgación impulsado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e quere achegar o mundo da astronomía a toda a sociedade.
-
Feijóo avoga por crear un lobby galego-panameño e pídelles aos empresarios galegos no país centroamericano que teñan en conta a competitiva oferta de produtos da comunidade en moitos sectores. Lembra que no último ano as exportacións da nosa autonomía a Panamá medraron nun 13%.
-
O 21 de marzo celébrase, no Palacio de Congresos de Exposicións de Galicia, o Congreso Internacional de Demografía.
-
A Executiva nacional considera que é a mellor opción para os intereses de Galiza e respecta a decisión das CUP de non concorrer nestes comicios. O BNG presentará programa e candidatura propia encabezada por Ana Miranda.
-
O espectáculo Longa viaxe cara a noite, que prepara o Centro Dramático Galego (CDG), experimenta os últimos retoques nos ensaios previos á súa estrea o 22 de marzo na capital de Galicia. Manuel Guede dirixe esta obra cumio do Nobel norteamericano Eugene O'Neill.
-
Os visitantes aproveitaron os mellores prezos ofrecidos por expositores dunha ducia de sectores. O téxtil, sobre todo a roupa infantil e o material deportivo, volveu ser o sector máis demandado.
-
Manuel Baltar e Nava Castro reuníronse para analizar os termos do acordo marco de colaboración entre ámbalas dúas entidades.
-
Analizaron detalles relacionados con esta edición da proba ciclista, que pasará e será punto de partida na provincia de Ourense dunha das etapas decisivas desta proba internacional.
-
A Casa da Cultura de Sarria, en Lugo, acolleu a presentación da mostra "Manuel Rodríguez López, emigrante galego-poeta obreiro" que permanece aberta ao público ata o 15 de marzo, cando se desprazará a Portomarín.
-
Keith Harris, manager de Stevie Wonder e director xeral da Motown nos setenta, será un dos relatores internacionais xunto con Stuart Worthington, do MMF Training, e Christian Ulf-Hansen, coñecido polo seu traballo con Gabrielle, Lisa Loeb, Ron Sexsmith ou Corinne Bailey Rae. Xunta e Music Managers Forum-Spain promoven este seminario a finais de abril.