Notas
-
Estes profesionais ofrecen unha visión alternativa ás medidas económicas actuais que debilitan os servizos públicos básicos e denuncian a manipulación da opinión pública para xustificalas.
-
Músicas a carón da Mosqueira abre omartes, 21 de xaneiro, a programación do Lugo Cultural 2014 cun concerto de clarinete e piano. A área de Cultura da Deputación lucense colabora con este programa cultural no que se dan cabida música, teatro, danza e fotografía.
-
O presidente da Xunta, logo do consello semanal, salientou que os esforzos de Galicia en materia financeira están dando resultados e converteron á Comunidade na máis solvente de toda España e na únida con estabilidade orzamentaria.
-
“Compromiso, implicación e diálogo”. Así resume o labor do novo Consello de Administración Alberto Fernández Fraga, responsábel da área deportiva do club. A dirección do club afronta o proxecto do CB Breogán SAD con todas as garantías tanto a nivel deportivo como financeiro, legal e de transparencia.
-
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu no Pazo Provincial a seis deputados federales de México que están a visitar diferentes institucións de España para coñecer as súas experiencias e modelos de xestión.
-
Os catro novos membros do Consello de Administración do club, que tomaron hoxe posesión do cargo, aúnan na súa traxectoria unha forte vinculación co mundo do deporte provincial, e solvencia técnica e económica na xestión pública.
-
Abordar o segundo reto da crise que pasa pola creación de emprego, o crecemento e novas oportunidades, requerirá do tesón empresarial e da estabilidade institucional. O dixo o presidente da Xunta nun encontro con empresarios galegos onde insistiu en que o país vai saír da crise “en pé e con novos folgos”.
-
Na toma de posesión da Presidencia da CALRE, o presidente da Xunta di que a Cámara galega reflicte a vida dunha Comunidade “que se reafirma no diálogo, que quere manterse unida consigo mesma, unida coas restantes Comunidades de España e as rexións e nacións de Europa”.
-
A delegación da Universidade de Umeå (Suecia) achégase ata a base do 061 no marco da súa visita para analizar as experiencias do accidente de Angrois co fin de identificar os factores de éxito que permitan minimizar as consecuencias e mellorar a atención ás vítimas neste tipo de situacións.
-
Comeza un obradoiro de estimulación cognitiva coa Wii, no que os participantes divertiranse ó tempo que traballan a capacidade de memoria, percepción, cálculo, agudeza e análise.