Notas
-
Achegar a maxia dos tres Magos de Oriente ao alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria de 16 centros públicos de Galicia é a finalidade do programa Lingua de Reis, incorporado á programación municipal de Nadal.
-
"No novo rexurdimento que a cultura galega experimenta, está o esforzo individual dos creadores, a convicción do pobo que os inspira, apoia e reivindica, e tamén políticas que abranguen todas as administracións, sen distinción de etiquetas". Foron declaracións do presidente da Xunta na entrega dos Premios da Cultura Galega.
-
Desde xaneiro de 2014, a Real Academia Galega (RAG) disporá de instalacións na Cidade da Cultura que poderá utilizar de xeito gratuito durante unha década, según o acordo acadado coa Xunta. Esta cesión forma parte do Plan Estratéxico do Gaiás elaborado en 2012.
-
Representar o recoñecemento colectivo á traxectoria e á calidade do traballo de persoas e entidades a prol do desenvolvemento cultural de Galicia, da creatividade e da difusión cultural é o principal obxectivo dos premios anuais da Cultura Galega.
-
A nova Lei do Emprendemento e a entrada en funcionamento da Unidade Galicia Emprende, centraron a intervención do presidente da Xunta no encontro O novo impulso, no que avanzou o investimento de 10 millóns de euros en 2014 para apoiar aos emprendedores galegos.
-
O Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) acolleu a presentación do espectáculo de Edicións Bolanda que levará á coñecida Familia Bolecha e as súas músicas a once localidades, como Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo, Burela, Santiago de Compostela, Cangas, Ourense, Narón, Lugo, A Coruña e Vilalba do 22 de decembro ao 8 de xaneiro.
-
Baixo o lema “Coa comida non se xoga”, sinxelos xestos tales como planificar a compra, servir pequenas racións, aproveitar os restos de alimentos en forma de novos menús, velar polo correcto funcionamento do frigorífico e manter en orde a despensa son algunhas das mensaxes da nova campaña de Sogama e Medio Ambiente.
-
A plataforma cívica “Amigos de Prisciliano”, presidida polo escritor Ramón Chao, instalou hoxe en Compostela unha estatua en homenaxe a este bispo hispano que, xunto a outros compañeiros, foi o primeiro sentenciado a morte acusado de herexía e executado polo goberno secular, en nome da Igrexa Católica.
-
Nunha xuntanza entre gandeiros e representantes da industria láctea en Galicia presentouse un indicador que permite o seguemento actualizado da evolución dos custes de produción, o que permitirá mellorar a planificación aos produtores e á industria.
-
O espazo adicado á vangarda creativa galega, no espazo da Cidade da Cultura, exhíbense obras de Cañamero, Eireos, Moreno Carretero, Esteve Reig, Ramírez Ariza e Martínez Muñiz, gañadores do III Encontro de Artistas Novos.