Notas
-
O Museo Centro Gaiás acolle a representación do espectáculo O pior de Mofa e Befa, a cargo de Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira baixo a dirección de Quico Cadaval. Os espectadores terán unha degustación gratuíta de castañas na Cantina da Cidade da Cultura en colaboración coa denominación Castañas de Galicia.
-
Nunha xuntanza de traballo entre a comisión de Cultura do Senado e a Consellería de Cultura para analizar o plan estratéxico da Cidade da Cultura, a Xunta pediu a esta institución que actúe de embaixadora das instalacións culturais do Monte Gaiás.
-
Rui Madeira dirixe este texto, escrito ex profeso polo dramaturgo portugués Abel Neves, que se escenifica no Salón Teatro dentro do programa de intercambio Troco x Troco. António Jorge e Carlos Feio interpretan dous personaxes anónimos que, atrincheirados no últimos piso dun vello edificio, planifican a fin do mundo.
-
O conxunto instrumental Música Acordada estrea o seu novo proxecto, xunto á organista Marisol Mendive. O concerto, no Mosteiro de San Rosendo de Celanova, pecha Espazos Sonoros 2013 que percorreu galicia nesta sexta edición.
-
O Camiño de Santiago e o Camiño Kumano Kodo están irmandados e Xapón é o principal mercado turístico asiático para Galicia. Preto de 9.800 viaxeiros xaponeses aloxáronse nos establecementos hoteleiros galegos ao longo de 2012 e un de cada cen peregrinos estranxeiros que chegou a Galicia no que vai de ano procede do Xapón.
-
As novas distincións, nas categorías de institucións e de persoas que destacan pola súa promoción internacional das rutas xacobeas, entregaranse cada ano en outubro, coincidindo co día en que o Camiño foi declarado Primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa hai 26 anos.
-
Os cidadáns presentaron 11.000 procedementos por vía electrónica, o que representa un aforro para os usuarios de case 1 millón de euros. Son os datos presentados polo Goberno autonómico para xustificar o impulso á sede electrónica da Xunta que se simplificará e globalizará en 2015.
-
Unha obra que reflicte un proxecto pioneiro que busca facer menos difícil o ingreso hospitalario dos menores, transformando o aséptico espazo do hospital nun mundo cromático máis adecuado e menos agresivo.
-
Para facilitar o financiamento dos pequenos investimentos impulsados por emprendedores, autónomos e microempresas, o Igape mantén operativo, ata o 1 de decembro, o programa de microcréditos, con capacidade para mobilizar ata 10 millóns.
-
Os actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela encaixan nun estratexia de aposta de Galicia polo turismo cultural. Así quedou de manifesto no II Foro sobre o Futuro do Turismo Galego.