Notas
-
A celebración das Letras Galegas 2014, sobre a figura do poeta Xosé María Díaz Castro, centrou a reunión que o secretario xeral de Cultura e o alcalde de Guitiriz mantiveron na vila natal do escritor lucense, ao que a Real Academia Galega lle dedica o próximo 17 de maio.
-
O presidente da Xunta fixo unha lembranza da figura pública de Ceferino Díaz do que se podía dicir, según Feijóo, que "forma parte dun amplo grupo de políticos que honran á política". Entrega, xenerosidade e responsabilidade foron algunhas das loubanzas ao político lugués.
-
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta o peche doutro medio de comunicación, neste caso Televigo, que se suma a outros que nos últimos anos foron desaparecendo do panorama informativo galego.
-
Extender a innovación a todos os sectores produtivos galegos é o principal obxectivo da estratexia RIS3 que pretende construir un novo modelo económico en Galicia con tres retos e unha folla de ruta que implica ao Goberno, as universidades, clústeres e pemes, entre outros.
-
Celébrase os días 9 e 10 de novembro a degustación popular da castaña típica do Courel (Lugo), organizada polas localidades de Folgoso e Seoane que desde o ano 1986 se unen para fomentar o consumo deste produto típico galego.
-
O sábado 9 de novembro comenza en Tui (Pontevedra) o programa Monumenta impulsado para divulgar o valor patrimonial e monumental restaurado de Galicia. O concerto de Rosa Cedrón na Catedral de Tui baixo o título "Conservamos e restauramos" é o primeiro abre este programa.
-
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle o evento do 29 de novembro ao 1 de decembro con espazos diferenciados para a música e o cine como principais novidades. Corresponsabilidades é o lema de 2013 que pretende impulsar a relación dos profesionais do sector e potenciar o consumo de bens e servizos culturais producidos en Galicia.
-
Vertixe Sonora Ensemble ofrece un concerto na Facultade de Belas Artes de Pontevedra no marco do ciclo Do audible que busca unha interacción entre propostas musicais de vangarda e varios campos da expresión e do pensamento.
-
Trátase dunha acción encamiñada a favorecer o diálogo entre os programadores e as compañías de espectáculos galegas. A mostra de artes escécnicas desenvólvese en cinco escearios de Santiago de Compostela con teatro, danza e novo circo ata o 6 de novembro.
-
O proxecto da Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense titulado Avó... cóntame un conto consiste nun itinerario literario no que participan varias librarías con contacontos que achegan a lectura aos nenos.