Notas
-
Manuel Baltar asinou un convenio cos concellos do Carballiño, Muíños, Carballeda de Valdeorras e Parada de Sil para que o ente provincial asuma en 2014 o mantemento dos viais destes municipios, o que poderá estenderse no futuro aos demais concellos da provincia.
-
O espectáculo poético-teatral "Acuario" continúa a súa programación ata finais de decembro, no marco do proxecto de dinamización lingüística FalaRedes 2013, percorrendo os muncipios de Melide, A Cañiza, A Baña e Corcubión, no marco do programa de ocio para o Nadal. "Acuario" inspírase no poemario de María Canosa e ofrece os monicreques con música en directo e humor.
-
Na despedida da actividade parlamentaria, o presidente da Xunta destacou que en 2013, por primeira vez desde 2007, Galicia terá menos paro nun contexto complicado que pasa por manter á Comunicade como solvente, garantindo o autogoberno galego e mantendo os servizos públicos.
-
Las imágenes que componen está exposición reflexionan acerca de la idea del doble movimiento paralelo del tiempo; el lineal y el circular, necesario por la incapacidad de predecir lo que está por venir.
-
O vigués Roberto Alonso Trillo interpreta no Museo do Mar de Galicia "Solo", un disco que inclúe obras dos compositores galegos Octavio Vázquez, Fernando Buide e Eduardo Soutullo. O álbum –editado co selo Ouvirmos e que chega ao mercado en formato dixital– recolle parte da experiencia profesional nos últimos anos do violinista vigués.
-
Homenaxeado co Día das Letras Galegas 2013, o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño volve á escea como protagonista do simposio que organiza a Real Academia Galega (RAG) na Coruña sobre a visión de Galicia e os seus habitantes no teatro deste autor.
-
“Tanto coa exposición como con estas conferencias que a complementan, pretendemos que todas e todos os lucenses tivesen a oportunidade de achegarse á historia da nosa nación”, afirmou Mario Outeiro.
-
O acordo acadado no marco da UE, para os vindeiros dous anos, regula o acceso mutuo tanto a augas continentais como ás zonas fronteirizas do Miño e do Guadiana e beneficia aos buques de arrastre de fondo, cerco e artes menores.
-
O espectáculo titulado Apnea. (Variación 2ª), de acceso libre, estréase no Salón Teatro de Santiago de Compostela, a cargo da Aula de Teatro da USC. Roberto Salgueiro é autor e director desta montaxe, que continúa un traballo iniciado en 2003 e cualificado entón como un “libreto coreográfico” cunha compoñente moi lírica “chea de emocións éticas e estéticas”.
-
A Xunta de Galicia abre o acceso aos 3.214 volumes que compoñen o fondo bibliográfico de interese nacional e internacional de Novagalicia, que pasarán a estar dispoñibles na Cidade da Cultura por un período renovable de 5 anos.