Notas
-
O espectáculo de ballet A bela adormecida, producida polo Centro Coreográfico en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia e cun total de 10 conservatorios e escolas de danza de toda Galicia, estréase o 21 de febreiro no Pazo da Ópera da Coruña.
-
O Salón Teatro da capital de Galicia acolle a segunda parte do programa Troco x Troco coa representación do espectáculo da Escola da Noite de Coimbra (Portugal) "Novas diretrizes em tempos de paz", una versión da obra de Bosco Brasil, considerada un dos fitos da dramaturxia brasileira contemporánea.
-
O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presidiu a clausura dun evento que serve “tarxeta de presentación de Galicia cara o Mundo”. Aumentou o número de participantes nas actividades profesionais e reforzouse a cooperación transfronteiriza con Portugal e iberoamericana con Cuba. Manuel Garea e Paula Díaz con Iván Álvarez gañan o 2º Concurso Prato Xantar nas categorías de profesional e afeccionado, respectivamente.
-
A Filmoteca de Galicia integra esta rede xunto ao Centro Niemeyer de Avilés, Tabakalera de Donostia, Musac de León e Filmoteca de Culturarts-IVAC de Valencia. O programa está destinado a proxectar destacadas películas internacionais sen distribuidora para os cines de España.
-
Expourense acolle a feira gastronómica internacional Xantar 2014 na que atopou un lugar destacado o fomento do cooperativismo como fórmula empresarial para afrontar os tempos de crise. A Festa do Bonito de Burela gaña o concurso de cartaces.
-
O obxectivo do programa é difundir a gran riqueza cultural e etnográfica das comarcas e vilas galegas como “potente efecto dinamizador económico” que teñen estas festas para as zonas con maior tradición.
-
A Deputación de Ourense é a primeira de Galicia en liderar esta iniciativa a prol do desenvolvemento sostible dos concellos e difundir as boas prácticas medioambientais na cidadanía.
-
Trátase dunha proposta moi persoal da actriz galega, na que reflexiona e fai balance do vivido a partir de textos de Suso de Toro, Anxos Sumai, Manuel Pazos, Laila Ripoll, Pérez Galdós e Eurípide. Preséntase o 6 e 7 de febreiro no Salón Teatro da capital galega.
-
A Xunta de Galicia recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org mentras se manteña activada a alerta vermella por temporal de mar.
-
A presentación do hriller de acción do director Luis Noriega, O crime da legua dereita, farase o mércores 5 de febreiro nunha proxección que inclúe a exhibición da curta Espellos, realizada tamén por esta produtora lucense. A película está inspirada nun suceso real acontecido a primeiros do século pasado no municipio de Vilalba.