Notas
-
O organismo provincial oferta un total de 312 prazas gratuítas. O programa pódese consultar en www.deputacionlugo.org. Na anterior convocatoria, 160 maiores aprenderon a sacarlle o máximo partido ó seu ordenador, tablet ou móbil.
-
Dar un novo impulso social e económico, afondando na reforma da Administración pública, son algúns dos obxectivos do centenar de plans programados polo Goberno galego para preparar a Galicia do 2020, que agora xa teñen un cronograma de acción.
-
O Teatro Colón da Coruña e o Salón Teatro de Santiago de Compostela acollen a presentación destas dúas iniciativas de homenaxe a Rosalía de Castro. Os ollos que falan é un CD do sexteto Tempo Catro, e Nas tardes escuras é un libro-CD no que Narf musica poemas de Cantares gallegos.
-
Na reunión, Martínez Pan explicou ao presidente provincial as actividades e proxectos que a entidade que dirixe ten previsto levar a cabo en Galicia, para afondar no labor social que a ONCE ven realizando dende a súa creación, hai 75 anos, a prol das persoas con discapacidade.
-
A institución das Letras Galegas, a Real Academia Galega, conmemora o 101º aniversario do nacemento de Fernández del Riego cun acto de lembranza da figura do narrador e presidente da RAG entre 1997 e 2001, baixo o lema Unha Galicia vivida.
-
O presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, reunirase o mércores 8 de xaneiro con tres accionistas que, a xeito persoal e non en representación da masa accionarial, solicitaron esta xuntanza. O voceiro socialista di que a Deputación de Lugo está disposta a dar explicacións.
-
Con motivo da lembranza do 75º aniversario do pasamento do escritor e xornalista vilalbés Antonio García Hermida (1885-1939), A Voz de Vilalba prorroga ao ano 2014 a celebración do seu XXX aniversario en homenaxe á etapa máis fructífera do xornalismo na Terra Chá.
-
As 5 iniciativas gratuítas do programa (“Acuario”, “As pombas de Carboeiro”, “A nena e o grilo nun barquiño”, “Rosalía Pequeniña” e mais “Augalingua”) fomentaron o uso e valoración da lingua de Galicia entre a infancia e a mocidade, enchendo o seu tempo de lecer.
-
Aboarase nun único pago no mes de xaneiro, a través dunha transferencia bancaria na conta corrente onde os beneficiarios teñan domiciliado o recibo ordinario da súa prestación. A Xunta destaca o enorme esforzo que fai Galicia para manter este complemento e incrementalo un 30% respecto a 2009.
-
A exposición enmárcase nos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago e ten 3 sedes: a Capela do Pilar da Catedral de Santiago, as tullas do Mosteiro de San Martiño Pinario e a Igrexa de San Francisco.