Notas
-
18 restaurantes con más de 30 menús comprendidos entre los 12 y los 30 euros de coste se presentan en la Feria Gastronómica Xantar 2014 en la que también se dan a conocer, con más de 120 actividades, los productos autóctonos de Galicia.
-
Convocado pola Deputación Provincial de Ourense, está dotado con 1.500 euros e o prazo de presentación dos traballos remata o 30 de marzo de 2014.
-
O proxecto da que será a primeira lei de arquivos de Galicia ten por obxectivo fomentar un sistema de organización transversal co impulso dun centro de coordinación que promoverá o intercambio entre os centros e regulará a dixitalización dos documentos.
-
Obradoiros creativos, actividades de animación á lectura con teatro, música, maxia e danza, contacontos, exposicións e proxeccións audiovisuais son as principais propostas do novo catálogo de Ler conta moito que engloba 160 accións nas bibliotecas públicas galegas.
-
Implicaría poder contar coas achegas técnicas que poidan aportar os xeólogos de Galicia, inaugurándose unha etapa de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e o Colexio de Xeólogos de Galicia, tendo ao termalismo como primeira liña de traballo.
-
Coa reedición desta publicación, do catedrático en Historia Jesús de Juana, conmemórase o 50º aniversario do pasamento do escritor ourensán Vicente Risco (1884-1963), considerado o precursor da Xeración Nós e un pensador comprometido coa identificación de Ourense.
-
Máis de setenta mil persoas visitaron o stand de Galicia na XXXIV Feira de Turismo, Fitur, de MadridSegundo a directora de Turismo da Xunta, Galicia rexistrou en 2013 un incremento na cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros do 4,9%, a respecto da rexistrada en 2012, o que implica a segunda taxa de crecemento na cifra de viaxeiros máis elevada do Estado. Máis de 70.000 persoas visitan o stand galego en Fitur 2014.
-
O pavillón de Turismo de Galicia na Feira Internacional de Turismo de Madrid acolleu na xornada inaugural oito presentacións sobre os destinos Santiago, Ribeira Sacra, Verín-Viana, Ferrol, A Coruña, cidade e provincia, e mais a provincia de Lugo, ante a mirada dos Príncipes de Asturias.
-
"El Belén de Begonte es una farsa. fuera de época y de lugar", de Xosé Manuel Carballo, gaña o XXXVIII Certame de Xornalismo de Begonte. No concurso decidiuse conceder unha mención de honra a Pepe Pol e Pablo Núñez.
-
A análise destaca a web da marca do turismo galego como a mellora das comunidades autónomas. A web galega obtivo o mellor ICW (Índice de Calidade Web) dos 17 portais turísticos institucionais e destacou en calidade técnica (textos e imaxes, especialmente).