Notas
-
O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acolleu a presentación do libro de artista e da exposición “Onde beben os cervos que amansou o calígrafo”, de Baldo Ramos e Carlos González Villar, unha experiencia artística na que os dous creadores funden en perfecta simbiose a caligrafía e os gravados.
-
FalaRedes 2014 para dinamizar o galego entre a xente miúda inclúe ata finais deste ano cinco propostas de dinamización lingüística para diferentes públicos, con especial incidencia na infancia e na familia. O concerto Toc Toc para nenos de 3 a 10 anos abre o programa en Ourense e percorre os concellos que integrn a Rede de Dinamización Lingüística.
-
Ninguén é perfecto?, estará centrado no tratamento dun dos maiores tabús do século XX: a transexualidade e o travestismo no cinema. Organizado en once sesións, o ciclo arranca o xoves 27 de febreiro ás 20,30 horas co filme Orlando, de Sally Potter,
-
É innegable que vivimos nos últimos tempos unha importante desafección cidadá cara a política e ás institucións, públicas e privadas, administracións e altas maxistraturas do Estado ou entidades representativas da sociedade civil.
-
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, será o relator do almorzo-coloquio que o Fórum Nueva Economía organiza en Santiago de Compostela o luns 3 de marzo, cunha conferencia na que aborará o tema “Os gobernos provinciais do século XXI”, presentado por Pedro Puy, voceiro do Grupo Popular no Parlamento de Galicia.
-
Arranca o programa de actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas 2014 adicado ao poeta de Guitiriz Xoxé María Díaz Castro. A mostra Nimbos de luz, que será itinerante, achega a vida e obra do autor a quince concellos de toda a xeografía galega.
-
A Comisión de Cohesión Territorial do Comité das Rexións (COTER) debateu as liñas básicas da política urbana da Unión Europea e o papel fundamental das cidades na consecución dun crecemento máis intelixente, sostible e integrador; os tres obxectivos da estratexia Europa 2020.
-
Edicións conmemorativas, exposicións, estudos críticos, traducións, documentais, actividades de dinamización lingüística e de promoción e difusión da obra diazcastriana, articulan o groso do programa de máis de 100 actividades que achegarán o quefacer literario de Díaz Castro a toda Galicia.
-
Manuel Baltar reuniuse co presidente do Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense para analizar temas relacionados co emprendemento, a economía e o emprego na nosa provincia.
-
Preto de 100 libros da sección infantil e xuvenil ofrécense envoltos, ocultando título e autor e apuntando pequenas pistas sobre o seu contido, nunha iniciativa que pretende sorprender aos cativos e axudarlles a descubrir novas temáticas ou estilos narrativos. É a "Cita a cegas" cos libros para celebrar San Valentín.