Notas
-
Os X Premios Rosalía de Castro, promovidos pola Xunta e o Centro Pen Galicia con carácter bianual, recoñecen o traballo de autores do resto do Estado español e dos sistemas literarios portugués, catalán, éuscaro e hispanoamericano. Entréganse nunha ceremonia na Reitoría da USC.
-
Trátase da antesala do San Simón Fiddle, o único campamento de violín tradicional para nenos e nenas de Europa, que se celebrará en xullo na Illa de San Simón. Ademais de concertos, a xira inclúe clases maxistrais e obradoiros para rapaces que están aprendendo a tocar instrumentos de corda.
-
O conselleiro de Cultura e Educación destacou a figura de Isaac Díaz Pardo como a dun home “que dedicou a vida a afirmar Galicia como sociedade de futuro”, durante a apertura da mostra A vangarda das formas, que recolle ata o 31 de agosto a obra cerámica do promotor do Castro, Magdalena, Sargadelos e do Laboratorio de Formas.
-
O conselleiro de Economía e Industria destaca na presentación da Memoria de actividades 2013 da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense que a institución está a ser clave na reactivación económica da provincia.
-
Baixo o título Dionisio Tasende. De homes... e mulleres, a mostra abriuse ao público con 81 imaxes en branco e negro tomadas en Galicia entre 1955 e 1979. Comisariada polo tamén fotógrafo José Caruncho, conforma unha completa retrospectiva do artista coruñés a través dos seus retratos e da captación de escenas cotiás.
-
O presidente da Xunta asegura que o turismo é un dos piares da recuperación económica galega e di que no nivel medio de ocupación acadou o 55,7% nos hoteis de Galicia, superando as previsións e situándose 9 puntos por riba dos datos acadados na Semana Santa de 2013.
-
O programa Ourense, a provincia termal oferta 1.500 prazas para estancias en balnearios da provinciaA Deputación de Ourense e os establecementos balnearios da provincia asinaron hoxe o convenio de colaboración para levar a cabo esta acción de promoción termal.
-
O espectáculo preséntase o sábado 26 de abril no Pazo da Cultura naronés e continúa despois a súa xira na Estrada, A Coruña, Rianxo, Ourense, Vigo, Tui e O Barco. O elenco de Longa viaxe cara a noite, dirixida por Manuel Guede, está composto por Gonzalo Uriarte, Luisa Merelas, Marcos Viéitez e Alberto Rolán que dan vida aos Tyrone, unha familia quebrada polas frustracións e os vicios.
-
Desde a Xunta de Galicia impúlsase a a Feira do Libro de Santiago de Compostela, a capital de Galicia, como unha oportunidade para a difusión do sector tanto no interior do territorio galego como no exterior, especialmente no ámbito lusófono.
-
O espazo compostelán é a sede central da XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia que organiza a Aula de Teatro da USC coa participación de once compañías das tres universidades galegas. O programa esténdese ata o mércores 30 de abril con funcións de entrada gratuíta.