Notas
-
14 centros educativos conforman a rede de escolas asociadas da Unesco en Galicia (redPEA). Nesta edición de 2013 conmemórase, ademáis, o 60º aniversario do Plan que vencella a estas escoas coa Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, na procura dunha educación de calidade inclusiva, igualitaria, comprometida co entorno e capacidade de transformar a sociedade.
-
No seu álbum Galiza colaboran dous fonsagradinos tocando a trompa galega, instrumento conservado case exclusivamente na Montaña Lucense e recuperado e posto en valor pola sección de instrumentos tradicionais do CENTRAD.
-
As Torres Hejduk, na Cidade da Cultura, permanecen iluminadas a noite do domingo ao luns, 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A Xunta promove unha campaña co lema: "Se a maltratas a ela, maltrátasme a min".
-
A carteleira de espectáculos de Micatlántica, o primeiro mercado das industrias culturais atlánticas en Compostela, inclúe o concerto do sexteto arxentino Cristian Zárate xunto ao dúo galego-portugués Barroso & Peixoto e a representación de Todo lo que está a mi lado, do bonaerense Fernando Rubio.
-
Esta obra, publicada por Hércules de Ediciones, foi prologada polo presidente da Xunta de Galicia e presentada na Coruña. No libro, José Fernando Navas, experto na historia militar especialmente nesta contienda, recupera o papel galego na Guerra da Independencia. Destaca a campaña dos franceses en Galicia no Norte de Portugal a principios de 1809.
-
O presidente da Xunta, nunha conferencia do Foro ABC en Madrid, salientou un aforro de arredor de 20 millóns de euros na próxima emisión de débeda ao non ter que acudir ao FLA, e sitúa o custo da débeda por galego nun 40% menos que a media das comunidades españolas.
-
A nova estratexia de crecemento dixital de Galicia ten 5 liñas de acción que perseguen consolidar a Administración electrónica e o e-Goberno, modernizar os servizos públicos e o emprendemento no sector TIC.
-
A campaña da Deputación Provincial de Lugo para impulsar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade supera as 4.500 sinaturas. Un grupo de expertos está a realizar un estudo científico que avalará o valor paisaxístico, arquitectónico e natural.
-
Trátase, según a Xunta, dunha nova norma para adecuar a estrutura agraria en Galicia ás necesidades das explotacións, e para poder logralo con maior axilidade e incorporando ao mesmo tempo as fincas que están en manifesto estado de abandono.
-
O presidente da Xunta dixo que pagará o complemento das pensións non contributivas -206 euros- por quinto ano consecutivo e en plena crise económica, nun compromiso do Goberno galego con quen máis o precisa, e a pesar de que a taxa de pobreza galega é 3 puntos inferior á española.