Notas
-
O novo filme de Margarita Ledo, A Cicatriz Branca, estréase nunha dobre proxección no Salón Teatro os días 27 e 28 de outubro. Logo da súa estrea na capital galega, a película viaxará a Bos Aires, un dos escearios da rodaxe desta historia sobre as mulleres emigrantes de principios do século XX.
-
A Consellería de Cultura e Educación leva a actividade o domingo á tarde a Fisterra, no marco do programa FalaRedes 2013. As pombas de Carboeiro plantéxase para dinamizar o uso do idioma entre a mocidade a través das bandas de música municipais galegas. “As pombas de Carboeiro” combinan lingua narrada e dramaturxia, monicreques e música.
-
Facer un seguemento da mobilidade agraria é un dos obxectivos deste observatorio que debe identificar todos os problemas para alugar as terras do Banco e posibles solucións para redimensionar as explotacións entre 2013 e 2014.
-
O titular da Xunta avanza que o novo texto potencia o solo rústico como factor de desenvolvemento para proxectos económicos, sempre que eses proxectos estean vinculados ao sector agroalimentario e ao desenvolvemento rural.
-
Apóianse un total de 12 eventos de música e 7 de escena organizados por entidades municipais, universitarias e privadas. A Agadic publica na súa web a resolución desta nova liña de subvencións como pulo ao teatro, a danza e a música non profesional.
-
O Hostal dos Reis Católicos e o Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil ocupan os dous primeiros postos do ranking baseado nas opinións dos usuarios da web de viaxes TripAdvisor e logran os dous primeiros premios no III Traveller’s Choice Paradores.
-
Feijóo compareceu no Comité das Rexións e presentou o ditame co obxectivo fundamental lograr unha maior eficacia e eficiencia na xestión dos fondos europeos para avanzar cara un crecemento intelixente, sustentable e integrador, na estratexia Europa 2020.
-
Concertos de diferentes estilos e funcións de teatro, maxia e novo circo teñen cabida nesta programación como parte dos actos conmemorativos do oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela. Os espectáculos de 56 grupos de música e compañías escénicas exhibiranse desde mañá e ata finais de mes no marco desta nova carteleira, cen por cen galega, que incide na descentralización da oferta cultura.
-
Cultura presenta no CGAC as composicións musicais creadas na mostra Graham Gussin: Clearblueskydeepdarkwater. O IV Ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras ábrese o 8 de outubro e prevé un encontro internacional de compositores.
-
Esta mostra na que se verán representados sectores como a sanidade e xenética animal, o sistema de ordeño, agroquímicos e fertilizantes, ou a produción ecolóxica, celebrarase o 5 e o 6 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.