Notas
-
Os socialistas destacan que “a responsabilidade e a ética política deben ir vencellados coa representación política dos cidadáns nunha democracia” e instan a González Capón a deixar o seu cargo tras unhas declaracións “que degradan as vítimas do franquismo en particular e a calquera demócrata en xeral”
-
O Concello de Teo lembra e homenaxea durante o mes de agosto as figuras de Ánxel Casal e outras vítimas represaliadas do 1936 así como ao seu fillo adoptivo, Avelino Pousa Antelo, no seu primeiro cabodano. Entre o 17 e o 20 deste mes están programadas diferentes actividades que servirán para recuperar a memoria destas figuras históricas vencelladas a Teo.
-
Os próximos 30, 31 de agosto e 1 de setembro de 2013, a vila de Foz volverá ata o século X lembrando a lenda do bispo santo Don Gonzalo e as incursións dos pobos nórdicos na mariña lucense e na Galiza. Nesta terceira edición da festa, o Concello de Foz, o grupo de traballo da Festa Normanda e o Grupo Taranis, ofrecerán diferentes propostas para dar vida a este importante evento de recreación histórica.
-
Durante a información sobre o estado das víctimas do accidente de tren, a conselleira de Sanidade destacou, unha vez máis, o labor das persoas anónimas, dos cidadáns, que participaron no dispositivo sanitario que atendeu aos feridos e axudou na evacuación das víctimas. Tamén gabou o labor dos profesionais que manifestaron solidariedade e compromiso.
-
As instalacións da Cidade da Cultura acollen unha colección de máis de mil cincocentos volumes de exemplares de “La Voz de Galicia”, “El ideal gallego” e “La hoja del lunes” cedidos pola Asociación da Prensa da Coruña (APC).
-
Non se celebran os concertos de The Cornelius en Vigo, os de Tonhito de Poi e Aló Django en Gondomar e caldas de Reis, respectivamente; nin o de Roi Casal en Cambados o mércores 31 de xullo. Agadic suspende catro concertos das súas redes de espectáculos en sinal de dor polo accidente.
-
Nos exercicios 2012 e 2013 xa se investiron 2,5 millóns e nos vindeiros 2014 e 2015 prevese un importe doutros 2 millóns de euros para mellorar os seis parques cos que conta Galicia: Monte Aloia, Corrubedo, Fragas do Eume, Baixa Limia- Xurés, Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra e o parque nacional das Illas Atlánticas.
-
O Xacobeo asina un convenio con concellos do Camiño Francés para que os municipios proporcionen aos peregrinos información turística especializada sobre a ruta xacobea e os seus recursos culturais. Incrementarase o persoal especializado necesario nos puntos de información.
-
O festival contará coa estrea do filme "A última viaxe do afiador", de "Sayonara Beibi" dirixida pola actriz e pedagoga Estívaliz Veiga, o monólogo de Pepe Suevos e as actuacións de Malvelas, Tony Lomba e o dj Robert Ramírez, entre outros. Celébrase o 2 e 3 de agosto na vila de Riós.
-
A exposición foi inaugurada polo presidente da Xunta que destacou que grazas a NamGoong Moon “Corea e España, Corea e Galicia, Corea e Compostela comparten un camiño e comparten o Camiño” que empeza en calquera lugar do mundo onde latexen os valores máis fondos do home.