Notas
-
O presidente da Xunta recibiu a unha delegación do Parlamento do Xapón e ao embaixador deste país en España para tratar das relacións económicas e culturais arredor do Camiño Kumano e do Camiño de Santiago. Xapón solidarizouse con Compostela polas víctimas do accidente de tren do 24 de xullo.
-
Galicia e Portugal estudan como optimizar a cooperación transfronteiriza de cara ao novo escenario financeiro 2014-2020. O director de Relacións Exteriores e o coordinador portugués Galicia-Norte falan da Eurorrexión.
-
Lugo volve a ocupar a capitalidade do cine en Galicia coa celebración da XXXV Semana Internacional de Cine de Autor, unha cita xa tradicional no mes de setembro que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e que presenta un amplo programa de proxeccións.
-
A Consellería de Cultura, a través de Agadic, apoia a celebración do 61º Festival de Ópera, convertido xa nun referente do fomento do xénero lírico en Galicia. O evento inclúe a estrea galega da versión en concerto de Tristán e Isolda.
-
A programación organizada polo Ano Franciscano baixo o título "Cultura no Camiño" percorrerá os concellos das rutas xacobeas, logo de terse recibido 570 propostas de espectáculos escénicos e musicais que conmemorarán o oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.
-
O 5 de outubro recupérase no complexo do Monte Gaiás o ciclo "Nexos" cunha primeira nova sesión adicada á cultura labrega en Galicia, protagonizada pola poeta Olga Novo, o economista Xoán López Facal e o contacontos Celso Sanmartín.
-
A VI Conferencia Mundial do Atún Vigo 2013 concíbese desde a Xunta de Galicia como un escenario idóneo para defender a competencia nos mercados en igualdade de condicións hixiénico-sanitarias, sociais nos mercados para evitar a facilidade de entrada de produtos que vaian en contra dos intereses dos consumidores.
-
O presidente da Xunta de Galicia, que participou na celebración do 90º aniversario do clube de fútbol vigués, destaca a súa historia e a súa tradición, e atribúe os seus éxitos á súa capacidade de unión para medrar e acadar as súas ilusións. O presidente galego tamén desexa ao equipo os mellores resultados nesta tempada que comeza.
-
La Solemne Procesión Magna de Viveiro se celebrará en Viveiro el 14 de septiembre del presente año 2013. Esta Procesión se realiza para conmemorar la Declaración de Interés Turístico Internacional de la Semana Santa de Viveiro en el pasado mes de abril y es organizada por la Xunta de Cofradías de Viveiro.
-
El viernes 6 de septiembre a las 22.00 horas el Teatro Colón retoma la actividad con la obra El Puente Invisible del ilusionista coruñés Kiko Pastur. La programación continuará el sábado 7 con doble función. La promotora coruñesa Rababiero nos ofrece un día completo de teatro, a las 12.00 presentan una versión del clásico Caperucita Roja convertido en ópera familiar, y a las 20.30 una sesión del mejor humor gallego con Luís Zahera, Carlos Blanco y Federico Pérez en Noites de Retranca.