Notas
-
Durante a entrega dos distintivos nun acto na praia de Valcovo, en Arteixo, o presidente da Xunta amosa o seu convencemento de que Galicia acadará o saneamento integral das rías en plena crise económica e destaca a prioridade que da a Xunta á calidade das augas e das praias.
-
Se trata de una exposición de la colección permanente del mac en arte contemporáneo, que incluye la selección de 23 obras de artistas destacados y basadas en la representación de la figura humana durante los últimos 20 años. Puede verse hasta el mes de octubre.
-
Corazón da Artesanía oriéntase, entre o 5 e o 7 de xullo en Agolada, á exhibición, comercialización e promoción dos oficios artesáns nun entorno único. A dinamización socioeconómica, a difusión da cultura e da tradición e a promoción turística, entre os obxectivos do evento.
-
A modificación respecto ao último trimestre de 2012 débese a que Galicia foi a primeira comunidade en completar en 2013 o programa anual de débeda. Nos vindeiros trimestres Galicia reducirá a ratio de débeda e mellorará a súa posición comparativa co resto de comunidades.
-
Un total de 768 firmas expositoras, procedentes de 19 países estarán ubicadas en máis de 57.000 metros cadrados no Recinto Feiral de Silleda onde se crea un enorme espazo para o comercio do sector agrogandeiro, que pretende abrir unha “ventá de oportunidades” para moitas empresas galegas.
-
O presidente da Xunta asegurou no Parlamento de Galicia que a Xunta apoiará ao sector da minaría sempre que cumpra as leis e estudando caso por caso, avanzando tamén que non aceptará a mina de feldespato de Xinzo. Di que as portas están abertas aos proxectos que xeren emprego, sexan viables, sostibles e seguros.
-
O municipio lucense de Paradela apoia a iniciativa de Galiciadixital diante da RAG para que o Día das Letras Galegas de 2014 se adique ao poeta obreiro do século XX Manuel Rodríguez López, emigrante galego e escritor do que se cumpre o 80º do seu nacemento.
-
O novo texto lexislativo aprobado polo Parlamento de Galicia, en substitución do de 1983, preserva o patrimonio das Comunidades Galegas no Exterior, dá pulo á muller e á xuventude, e consolida as prestacións socioasistenciais.
-
Entre o 2 e o 4 de xullo, no curso "A xestión sostible dos residuos urbanos: beneficios ambientais, económicos e sociais”, abórdase a reciclaxe dos residuos sólidos urbanos según as particularidades xeográficas, orográficas, climatolóxicas, poboacionais, sociais e culturais particulares de Galicia.
-
O ciclo Clima. Cultura. Cambio, do Martes de Cine Ambiental no Gaiás, comeza o 11 de xuño coa proxección da curtametraxe The will come to town e a película Über das Wasser sobre a problemática da auga.