Notas
-
Galicia Calidade promociona no V Salón Vinis Terrae de Ourense os produtos amparados polo selo de garantía. Os viños das 9 adegas que contan coa marca estarán presentes no Tunel do Viño que inclúe unha degustación agroalimentaria de produtos con este selo.
-
Co nome de Ludaria, Brinquedia organiza a asemblea da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais, cunha programación que inclúe un encontro escolar, unha xornada divulgativa, demostracións de xogos e un encontro de birlos.
-
O presidente da Xunta visitou o Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, con motivo da celebración do Día Europeo do Parques.
-
A fita, producida por Vaca Films e dirixida polo vigués Alejandro Marzoa, proxéctase por vez primeira en Galicia tras o seu paso polo Festival de Málaga e a pouco antes da súa chegada ás salas de cine. Tamén se exhibe a película O Apóstolo.
-
A festa do Arde Lvcvs 2013, que se celebra do 14 ao 16 de xuño en Lugo, presentouse na Casa de Galicia en Madrid para extender o convite ás persoas que queiran viaxar á cidade das murallas, que poderán disfrutar de descontos nos billetes de autobús, entre outras ventaxas.
-
O proxecto naceu como homenaxe ao pintor Julio Pujales e foi presentado na Casa de Galicia en Madrid.
-
A Consellería de Cultura e Educación ofrece a obra O médico á forza, de Valacar (o grupo de teatro da Once), no marco da carteleira do Salón Teatro. A primeira compañía teatral de invidentes de Galicia estrea un espectáculo que ofrece cinco propostas integradoras e solidarias.
-
Durante un encontro co ministro de Exteriores, Feijóo agradeceu o mantemento do Tax Leaxe na axenda comunitaria e urxiu á Unión Europea (UE) unha decisión favorable para que o sector naval galego teña certezas canto antes. Insistiu na necesidade de redobrar os esforzos das negociacións con Bruxelas sobre este modelo.
-
Marta Pazos asina a dramaturxia e a dirección desta creación colectiva interpretada por Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo, que se representa no Salón Teatro de Santiago o domingo 19 de maio, ás 18.00 h, e o luns 20 e o martes 21, ás 20.30 h. Este espectáculo ofrece unha reflexión “caleidoscópica” sobre o tempo e mantén ao espectador nunha permanente sorpresa.
-
A cidade da muralla celebra na semana das Letras Galegas a trixésimo primeira edición desta feira, que dedicará diversas actividades a Roberto Vidal Bolaño.