Notas
-
O Goberno galego mantivo un novo encontro co comité de empresa no que manifesta que o compromiso da Xunta para salvar a empresa segue intacto, e traslada aos traballadores de Alimentos Lácteos que é imprescindible aliñar todas as posturas para salvar o proxecto.
-
A mostra, que se inaugura o 27 de maio no Gaiás, inclúe 45 pezas da parte galega e 5 audiovisuais que reforzarán o discurso expositivo. Baixo o título Orinoco. Viaxe a un mundo perdido, por primeira vez vese na Península Ibérica un dos fondos de arte étnica máis importantes de Latinoamérica.
-
As actividades, que durarán tres días, distribuiranse entre a zona intranet, exclusiva para os inscritos; a extranet, unha zona lúdica para todos os públicos. Ofrécese unha conexión de 1 Gb, un record en canto ao ancho de banda dispoñible para un evento público. As conferencias contarán con relatores como Pau García Milá ou Fernando Romay.
-
"Temos motivos para crer que o proceso reorganizador poida pronto ser unha realidade en Alemaña, Venezuela, Cuba, Brasil, e mesmo Arxentina e Uruguai”, salienta o secretario xeral de Emigración que destaca o labor da diáspora nestes tempos difíciles de grave crise.
-
Galicia poderá seguir recibindo ese 60% de axudas europeas co que viñan contando as rexións que agora abandonan o Obxectivo de Converxencia. Galicia, desde a periferia, segue contribuíndo á consolidación da Unión Europea (UE).
-
O evento, que co-patrocina a Deputación de Ourense, ten este ano como lema “Escritoras nos comenzos do século XXI”. Lémbrase tamén a figura de Carlos Casares, creador dos Encontros, e Marcos Valcárcel, continuador do evento que acada a 23ª edición.
-
ADNideas, iniciativa do coworking da Consellería de Cultura, baixo o título CreaActiva, diríxe estes obradoiros dos días 17, 18 e 19 de maio a nenas e nenos de 12 a 14 anos que traballarán en equipo na xeración de ideas aplicables e no desenvolvemento de habilidades persoais.
-
Destaca o investimento de 4,4 millóns de euros para as administracións locais que melloren os parques empresariais instalados nos seus termos municipais, o que supón duplicar o orzamento do exercicio anterior destinado a este fin. Investiranse 10,2 millóns de euros en obradoiros de emprego, que suporán a creación de 1.000 empregos.
-
Manquiña recordará a figura de Roberto Vidal Bolaño coa lectura do manifesto "Teatro do aquí" e a interpretación dunha pasaxe de "Días sen gloria". O grupo de música antiga Resonet interpreta varios poemas de "Cantares gallegos" de Rosalía.
-
Nuncabunga, de Elefante Elefante e dirixido a nenos a partir de 3 anos, vén de ser recoñecida nos Premios María Casares de teatro como mellor espectáculo do ano. Estréase o 7 de xuño na Cidade da Cultura.