Notas
-
A obra de Roberto Vidal Bolaño que dirixe Fefa Noia é obxecto dun exhaustivo estudo realizado por Montserrat Pena Presas a xeito de ferramenta docente para a difusión escolar na web do Centro Dramático Galego (CDG) que se completará con seis funcións no Salón Teatro.
-
Esta iniciativa, enmarcada no Plan Galego das persoas maiores 2010-2013, facilita ás persoas con menos recursos a posibilidade de disfrutar duns días de tratamento termal, emprazados en balnearios de Galicia. O prazo de solicitude remata o 12 de abril, e pódense presentar a través de internet: http://traballoebenestar.xunta.es.
-
O libro contén máis de 200 fotografías históricas de Lugo que se expuxeron no Museo de Lugo na mostra “Instantes na Memoria: fotografías de Salvador Castro Freire (1869-1952).
-
O único coitelo romano atopado en Galicia que aínda conserva a empuñadura de óso, fustes de columnas e múltiples restos cerámicos son algúns dos materias que xa están no Museo Massó, procedentes do xacemento de Pescadoira.
-
O Festival de Documentais Play-Doc, de Tui, abre a súa novena edición coa película dos irmáns Maysies: What’s Happening! The Beatles in the USA. O festival, que se aproxima á década de existencia, é xa unha consolidada referencia no audiovisual galego.
-
Algúns dos atractivos da cidade durante a Semana Santa xirarán en torno ás procesións -en Santiago hai 13 confrarías, algunhas do século XV- e actos litúrxicos que terán lugar na cidade como a primeira edición de Santiago Pasión.
-
Se ha presentado en el Obispado de Lugo el programa y cartel de la Semana Santa de este año que comenzará el día 15 de marzo, viernes, con el pregón a cargo de la cantante lucense, Noemí Mazoy, a las 20.30 h en el Círculo de las Artes.
-
A Xunta porá a disposición dos concellos galegos un sistema de tradución automatizada antes do veránFacilitará a tradución directa e inversa do galego ao castelán e mais ao portugués da documentación técnica e administrativa, páxinas web e correos electrónicos. Unha das principais novidades desta nova ferramenta é que incorporará o léxico administrativo e as entidades propias da administración, como nomes de consellerías, altos cargos, órganos de goberno e dos membros da corporacións locais.
-
A Xunta impulsará cunha lei pioneira o despregamento das telecomunicacións como un servizo de primeira magnitude. Debateuse no Parlamento de Galicia onde tamén se tramita a Lei de Innovación que traza a meta de incrementar o investimento público en I+D+i ata acadar o 1,2% do PIB nesta lexislatura.
-
Presentouse no Balneario de Mondariz o Museo Virtual da Auga e mais do Museo Físico da Auga que se enmarcan no proxecto Aquaturnat, do que forma parte a Administración turística galega como integrante do Comité de Expertos.