Notas
-
Aumentou o número de participantes nas actividades profesionais e reforzouse a cooperación transfronteiriza con Portugal e iberoamericana con Perú. Irene Mato e Javier García, de Silleda, foron os gañadores do 1º Concurso Prato Xantar.
-
O conselleiro de Economía reuniuse en Madrid con directivos de General Dynamics para trasladarlles a necesidade de ter máis tempo para buscar alternativas para Santa Bárbara. A Xunta implícase cos traballadores na procura dunha solución de viabilidade.
-
Entre outras, para seguir blindando o seu autogoberno, seguir sendo un referente de eficiencia, seguir reforzando a cooperación e mellorar o benestar social e económico dos galegos.
-
Xunta e Arfe celebran en Santiago de Compostela o III Foro do Observatorio da Cooperación Transfronteiriza en Europa. Debátese o futuro da cooperación territorial no marco do novo periodo financeiro 2014-2020 da Unión Europea (UE), no que se incrementa o orzamento desta partida.
-
As artistas Olalla Castro, Polo, Sandra Lodi, Lola Tourón, Carmen PG Granxeiro, Eva Méndez, María Mata e Cristina Sánchez Legido presentan 40 obras en disciplinas como a fotografía, vídeo, pintura, escultura, cerámica e cestaría.
-
O Festival Play-Doc, que se celebra en Tui do 13 ao 17 de marzo, acada neste ano 2013 a 9ª edición. Pasarase o mellor cinema documental do ano, xunto a ciclos de grandes directores, como Albert Maysles. Play-Doc recupera a figura do cineasta cubano Guillén Landrán (1938-2003) a través dun ciclo con seis películas, os únicos títulos deste creador que sobreviviron á férrea censura.
-
A Xunta destaca que o novo mapa de emerxencias é froito do consenso entre administracións e distribúe os recursos de xeito máis racional, e sostén que a nova malla de emerxencias que cubrirá Galicia, evitará duplicidades e atenderá á poboación nun tempo máximo de 30 minutos.
-
O Consello da Cultura Galega promove en Compostela unhas xornadas de estudo e debate sobre a protección dos camiños históricos en Galicia, no seo da que se anunciou o inicio dos estudos para o recoñecemento oficial dos Camiños de Inverno e Portugués da Costa.
-
A oposición pide ao PPdeG que explique a corrupción e os deputados presentan as declaracións de bensAlternativa Galega de Esquerda denuncia os silencios e evasivas do PP respecto dos casos que anegan a formación. O BNG insiste en que toda a oposición pide a comparecencia urxente de Feijóo para que explique o impacto da corrupción na economía galega. Os deputados do PPdeG rexistran as súas declaracións de bens.
-
O evento, que cumpre a súa decimocuarta edición, terá lugar no pazo de congresos Expourense do 6 ao 10 de marzo. Realizaranse catas e presentaranse aos visitantes os alimentos certificados co selo de garantía.