Notas
-
Desde comezos de xaneiro a finais de marzo recolleron a Compostela un total de 9.416 peregrinos, fronte aos 8.691 que chegaron no mesmo período do último Ano Santo compostelán.
-
Trátase dunha das liñas do Plan de Banda Larga para facilitarlles o acceso ás redes máis punteiras a cidadáns e empresas de fóra das sete grandes cidades. Galicia cumprirá con dous anos de adianto o obxectivo para 2015 da Axenda Dixital Española e é pioneira en Europa nas Redes de Nova Xeración.
-
Organizado ao abeiro do programa LugoCultural, o XI Encontro Universitario de Danza Contemporánea presenta as coreografías de cinco compañías convidadas a este evento, e tamén a proposta de Fíos Roxos. Este certame internacional convirte a Lugo na capital da danza os días 17 e 18 de abril.
-
O presidente do Executivo galego e máis xoves empresarios analizan o proxecto para a creación dunha nova xeración de empresarios que xurdiría a través da nova Lei de Emprendemento en catro anos.
-
A ‘II Exposición Camelia, flor de Galicia’ pon en valor a singularidade do destino Galicia por ser o lugar con máis especies e variedades desta flor, despois do Xapón. Turismo de Galicia deseña o produto Ruta da Camelia.
-
Algunhas das iniciativas tecnolóxicas que Amtega porá en marcha en 2013 para mellorar a competitividade dos sectores céntranse nos sectores primarios e os servizos de emprego e benestar. Preséntase, tamén, a xestión plurianual ata 2016 que deberá aprobar a Xunta.
-
Organizada pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, a cerimonia de entrega dos Premios María Casares celébrase o mércores 27 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña e será conducida polos actores Marcos Orsi e Xúlio Abonjo, da compañía BaCaNa.
-
El 30 de marzo de 1953 salía por primera vez la procesión de la Virgen de la Esperanza en Lugo. En la Semana Santa de 2013 se conmemora el 60º aniversario de este evento.
-
Según José Ramón Gómez Besteiro, hai algúns interrogantes que convén aclarar, sobre todo pola transparencia e por fomentar a participación que, según o líder dos socialistas lucenses, interesa a todos os socialistas galegos neste proceso.
-
O Xardín do Posío, o Parque de San Lázaro, a rúa Serra Martiñá, a Praza de Covadonga e o Parque Barbaña son os puntos máis empregados polos usuarios. A rede ampliouse a once novos nodos sumando un total de 53 puntos de conexión gratuíta ao longo de toda a cidade.